Preguntas frecuentes de interacción cidadá

Neste apartado recóllense preguntas sobre o uso desta aplicación. Para outro tipo de cuestións utilice a opción "pregunte" do menú.

Teño que rexistrarme para usar esta aplicación?

Para a consulta de información non é necesario ser usuario rexistrado do Concello da Coruña aínda que se desexa aproveitar todas as opcións (preguntar, realizar propostas, participar nas enquisas, etc.) si que deberá rexistrarse previamente.

Que datos teño que achegar para rexistrarme?

Para darse de alta como usuario dos servizos web do Concello da Coruña abonda con que elixa un nome de usuario que non estea xa en uso e que nos achegue un correo electrónico para que podamos poñernos en contacto con vostede. Se o desexa tamén pode darse de alta co seu perfil de Facebook, Google ou Linkedin.