Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Campaña para proxectar "Los Goonies" na Coruña

Cando:

Dende o 04/10/2016 ata o 20/10/2016

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Cantóns Cinemas. Avda. Alférez Provisional (CC Cantones Village) 3. 15003 A Coruña

Prezo:

5.00 euros

Ligazón á páxina do evento e reserva de entradas:

http://www.youfeelm.com/titulo/los-goonies-cantones-cines-a-coruna

 

 

 

 

 

Youfeelm

"Los Goonies" queren volver revivir a súa aventura en Cantones Cines da Coruña

Youfeelm, a plataforma de cinema baixo demanda en salas, xunto ás súas persoas usuarias queren conseguir o público necesario para proxectar a película o próximo 20 de outubro Un dos clásicos do cinema dos 80, 'Los Goonies', dirixida por Richard Dorner, quere volver á gran pantalla nos Cantones Cines da Coruña, coa condición de que o apoio do público acompañe a campaña de crowdfunding posta en marcha en youfeelm. En caso de conseguir o público necesario, a cita será o próximo 20 de outubro, en sesión única, ás 20.30 h, nunha oportunidade de revivir as aventuras de Mikey, Gordi, Data e o resto dos seus amigos. 'Los Goonies', á procura do tesouro de Willy "o chosco". O filme conta a historia de Mikey que vive nun pobo costeiro de Estados Unidos onde, cos seus amigos do barrio e o seu irmán maior, forman un grupo denominado "Los Goonies". Nunha aburrida tarde, el e os seus amigos soben ao faiado da súa casa. Buscando entre trastes e cousas antigas, descobren o mapa dun tesouro da época dos piratas que deciden buscar e que lle podería axudar ao pai de Mikey, que está a pasar apuros económicos. A procura do tesouro levaraos a unha aventura na que sortearán mil perigos. Youfeelm, a nova forma de ver e sentir o cinema, ofrece o seu servizo a través de toda España e conta con máis de setenta cinemas a través de todo o país, entre os que se atopan os Cantones Cines, e un catálogo de títulos que inclúe películas de todos os xéneros e nacionalidades, con especial foco no cinema independente, de autor, de novos creadores e clásicos. Con Youfeelm impúlsase a cinecracia, que xa fixo posible case un cento de eventos por toda a península. A plataforma ofrécelle ás persoas espectadoras ou a calquera grupo a posibilidade de solicitar eventos nos que visionar películas no cinema da súa elección e na data e hora que desexen.

Ver trailer

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?