Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Campamentos de Verán FÓRUM 2017

Destinatarios:

Nenas e nenos nacidos entre os anos 2005-2013, ambos incluídos.

Cando:

Dende o 26/06/2017 ata o 01/09/2017

Inscricións:

Dende o 02/05/2017 ata o 04/05/2017

Horario:

DURACIÓN E HORARIO

Quendas de 2 semanas, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas.

As familias que o desexen poderán solicitar, no momento da preinscrición, a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h.

Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para tomar un almorzo, que traerá cada participante.

O último día da quenda do campamento, o horario prolongarase até as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia na que cada participante levará a súa comida.

QUENDAS

1ª quenda: do 26 de xuño ao 7 de xullo

2ª quenda: do 10 de xullo ao 21 de xullo

3ª quenda: do 24 de xullo ao 4 de agosto (o día 25 de xullo non teremos campamento)

4ª quenda: do 7 de agosto ao 18 de agosto (o día 15 de agosto non teremos campamento)

5ª quenda: do 21 de agosto ao 1 de setembro

Prezo:

35 euros por participante e quenda.

Ampliación de horario: 5 euros.

Documentos:

• Verán FORUM 2017 Adxudicacións (251 KB)

• NÚMEROS SORTEO PREINSCRICIÓN INTERNET FORUM (73 KB)

O Ágora e o Fórum Metropolitano lanzan xa a súa oferta de campamentos para este verán

De temática variada e levados a cabo por un equipo formado por educadores altamente cualificados, o gran valor lúdico e formativo así como o seu económico prezo converten  esta actividade nun máis que interesante reclamo para todas as familias da cidade.

A chegada do verán danos a posibilidade de contribuír ao desenvolvemento dos máis novos, permitíndolles gozar de valores como o compañeirismo, con ricas e variadas experiencias, ao tempo que coñecen e participan do día a día da súa cidade.

A cidade, con todo o que nela se percibe e vive, forma parte da nosa vida cotiá. Desta maneira, os campamentos municipais pretenden que os nenos e nenas da Coruña teñan a posibilidade de ocupar parte do seu tempo de lecer a través de todo tipo de producións plásticas, musicais, xogos motrices, de expresión oral e escrita, de lóxica e matemática... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e o goce e  descuberta do seu contorno urbano.

O Concello da Coruña presenta unha variada oferta, coa intención de inverter este tempo de lecer en actividades formativas, dándolle tamén resposta ás necesidades das familias unha vez finalizado o curso escolar. 

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?