Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cinenterraza 2017

Cando:

Dende o 05/07/2017 ata o 27/07/2017

Horario:

mércores e xoves ás 22.30 h

* Pídese puntualidade (unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3´00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2´00 euros)

* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Contacto:

981 184 293

Documentos:

Programación CINENTERRAZA 2017 - CASTELÁN

Programación Cinenterraza 2017 - GALEGO

Cult-movies ano 5

O quinto ano de "CULT MOVIES" trae unha novidade importante: as sesións pasarán a proxectarse no seu formato orixinal analóxico, en 35 mm, polo que o son do proxector acompañará as persoas espectadoras mentres gozan dunha experiencia máis sensorial, táctil e verdadeira. E para celebrar a efeméride e este cambio de formato, podemos afirmar que este é o programa máis ambicioso de Cinenterraza ata a data: o Fórum Metropolitano converterase durante o mes de xullo nun verdadeiro lugar de peregrinación para as persoas cinéfilas coa proxección de varios dos títulos máis míticos dos anos 60, 70 e 80.

Desde a obra máis aterradora de Roman Polanski ata a mítica Blue Velvet de David Lynch, o ciclo brindaranos a oportunidade de revisionar en todo o seu glorioso esplendor o cinema de mestres como Sam Peckinpah, Jean-Luc Godard, Martin Scorsese ou Francis Ford Coppola, ademais de descubrir (ou redescubrir) auténticas xoias como Elvira Madigan ou Tulitikkutehtaan tyttö. Películas descomunais que gozaremos baixo a luz das estrelas no noso vestíbulo de cristal, e acompañados dun grupo de invitados/as do mundo do cinema, a fotografía, o cómic e a arte en xeral cos que charlaremos unha vez finalizada a proxección.

Benvidos á lenda.

Javier Trigales

VENDA DE ENTRADAS:

- VENDA EN DESPACHO DE BILLETES: media hora antes de cada proxección (só se quedan entradas dispoñibles)

- VENDA ANTICIPADA: na conserxería do Fórum Metropolitano, de luns a xoves de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa