Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Festival Mar de Mares 2017

Cando:

Dende o 19/09/2017 ata o 24/09/2017

Contacto:

info@festivalmardemares.org+34 881 913 055

A cuarta edición do Festival Internacional Mar de Mares celebrarase na Coruña entre os días 19 e 24 de setembro de 2017 cun completo programa de actividades que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, ata o 19 de novembro.

O festival é un evento multidisciplinar, unha celebración en torno ao mar que ten como obxectivo  sensibilizar e inspirar á comunidade na protección dos océanos. Máis de 20 actividades para todos os públicos ao redor da conservación dos mares e a súa importancia nas nosas vidas: exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros, concertos, storytellings, visitas intermareais e o xa tradicional Mercado do Mar, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro.

O mar é muller. A edición deste ano centrará a súa mirada na muller e a súa vinculación co mar, a través de encontros con mulleres que explicarán o seu traballo nun mundo tradicionalmente masculino e da presenza de Cristina Mittermeier, unha das fotógrafas e biólogas máis recoñecidas e influentes a nivel internacional, que visita España por primeira vez e expoñerá o seu traballo na Coruña.

Visita de novo esta web e as nosas redes para consultar a programación completa do Festival (dispoñible en breve).

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa