Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

O arquivo municipal coruñés

Os arquivos municipais custodian documentos que son moito máis que a memoria escrita próxima e directa da historia das cidades, son ademais testemuño da propia administración e garantía dos dereitos e deberes da cidadanía. O Arquivo Municipal da Coruña pódese definir como o centro no que se reúnen, custodian e difunden case cincuenta fondos documentais públicos, privados e coleccións relacionados coa cidade en particular e con Galicia en xeral.

Dos fondos públicos o máis importante, voluminoso e o que lle achega carta de natureza á institución é o do Concello da Coruña. Trátase dun conxunto de documentos producidos e recibidos polo concello no exercicio das súas funcións e que se conservan debidamente organizados para a súa utilización na xestión administrativa municipal, a información, a cultura e a investigación. A súa orixe está intimamente unida á creación da vila no ano 1208. Nesa data, mediante carta de poboación outorgada polo rei Alfonso IX, concédeselles a estes habitantes un territorio –dúas leguas- e unhas normas de organización –Foro de Benavente-. Dende entón ata a actualidade, o concello xerou actas de acordos, expedientes de obras municipais e particulares, matrículas e padróns de habitantes, libros de contabilidade, expedientes persoais e demais documentos que recollen a vida desta cidade.

De diversa procedencia son outros fondos públicos entre os que hai que destacar: Concello de Santa María de Oza (anexionado ao da Coruña en 1912), Xunta do Reino de Galicia, Real Audiencia de Galicia, Protocolos notariais... etc. Entre os fondos privados encóntranse os que corresponden a asociacións –Confraría de Ferreiros, Xunta de Defensa...-, a individuos destacados pola súa actividade profesional –Ángel del Castillo López, Ángeles Alvariño González, José Luis Bugallal y Marchesi, Antonio Tenreiro Rodríguez e Antonio Tenreiro Brochón...-, a familias –Bermúdez de Castro- e a empresas –Fábrica de mistos, Molina y Co., Martínez-Barbeito Construcciones...-. Por último, cabe citar as coleccións de estampas, fotografías, carteis e postais da cidade, que complementan informativa e visualmente os fondos textuais.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?