Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Publicación no BOP número 246 de 29 de decembro de 2017 da resolución definitiva da convocatoria específica de subvencións para o ano 2017 destinadas á promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña.

Xustificación:

Prazo: remata o 29 de xaneiro de 2018 ; excepto para as actividades cuxa duración se estenda ata o 31 de decembro de 2017 que rematará o 31 de xaneiro.

Forma: os beneficiarios das subvencións están obrigados a xustificar documentalmente o cumprimento das condicións impostas na aplicación dos fondos recibidos na forma prevista na base 18 da convocatoria.

Nos seguintes enlaces pódense descargar os formularios de xustificación (solicitude, Anexos J1, J2 e J3) e un modelo de certificación actualizada das subvencións e demais ingresos xerados con motivo da actividade ou proxecto subvencionado.

Resolución definitiva da adxudicación de subvención de promoción e fomento do deporte 2017, pode consultala premendo na seguinte ligazón

Convocatoria de subvencións destinadas á promoción e ao fomento do deporte no Concello da Coruña durante o ano 2017, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

Aberto o prazo de solicitude ata o 5 de decembro para a distribución de 320.000 € por procedemento de concorrencia competitiva.

Quen pode solicitar?

As asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente, que poidan levar a cabo os proxectos, programas e/ou actividades definidos no obxecto desta subvención e que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, independentemente de que teñan ou non convenio nominativo.

Cal é o obxecto?

As actividades integradas nos tipos seguintes:

1. Programas de Actividade Deportiva: segundo a Lei 3/2012 do 3 de abril, de deporte de Galicia (en diante LDG) considérase actividade deportiva o exercicio físico regulado, cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración deportiva autonómica.

2. Programas de Actividade Física: segundo a LDG, considérase actividade física o  exercicio físico desenvolvido co principal obxectivo de mellorar a condición física e/ou a ocupación activa do tempo de lecer, e de favorecer o desenvolvemento integral da persoa.

3. Deporte para todos: promoción do deporte en sectores sociais especiais por razóns de idade, condición física ou psíquica ou situación persoal.

4. Deporte autóctono e na natureza: promoción dos deportes tradicionais e autóctonos galegos. Expedicións de montaña e noutras actividades vinculadas coa natureza.

5. Organización de actividades deportivas de carácter extraordinario.

Para cantas actividades podo solicitar?

Poderá solicitarse subvención para unha ou varias actividades nunha única solicitude, e deberá neste caso indicar a persoa interesada cada actividade de forma independente e por orde preferente, e poderá o Concello optar por unha ou varias delas. 

Cal é o límite máximo da subvención para cada actividade?

O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será do 95% do seu total. En consecuencia, o coeficiente de financiamento propio será como mínimo do 5%. O coeficiente de financiamento propio poderá estar constituído tanto pola achega propia da entidade solicitante como daqueloutras achegas procedentes doutras persoas e/ou entidades públicas ou privadas.

É compatible con outras axudas?

Esta subvención é compatible con outras axudas, de entidades públicas ou privadas. En ningún caso o importe da subvención municipal poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outros ingresos, subvencións ou axudas, supere o custo da actividade xustificada pola beneficiaria.

Cal é a documentación para presentar?

A solicitude deberá presentarse no modelo que se achega á convocatoria, recoméndase ter un editor de PDF actualizado e descargar o formulario autoreenchible adxunto no pé de páxina.

Para quen está inscrito no REMAC, non é necesario achegar documentación relativa á entidade e o seu representante, excepto a certificación bancaria se non consta no Concello ou fixeron algún cambio. Se a entidade non está inscrita no Rexistro de Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) ten que presentar a detallada nos apartados  a)1, a)2 e a)3. En todo caso, consultar a base 11 da convocatoria.

Onde podo presentar a solicitude?

Preferentemente no Rexistro Xeral de Entrada do Concello situado no Palacio dos Deportes de Riazor, de luns a venres, de 8.00 a 14:00 horas.Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando finaliza o prazo de presentación de solicitudes?

5 de decembro de 2017.

MODELOS DE SOLICITUDE

Instrucións: recomendamos descargar os modelos no seu pc para que funcionen correctamente.  

a)      Se solicita subvención para unha soa actividade cubra unicamente este formulario:

1.- Solicitude Subvencións Deportes - Completa 

O formulario consta de tres apartados: Solicitude (páxs. 1 a 3), memoria e orzamento (páxs. 4 e 5) e tres memorias complementarias (páxs. 6 a 10) (para actividades tipo 1, actividades tipo 2, 3 e 4 e actividades tipo 5) (neste último apartado deberá cubrir a que corresponda ao tipo de actividade solicitada, refugando as outras dúas).   

b)      No caso de solicitar subvención para máis dunha actividade, e dado que hai que presentar unha memoria, un orzamento e unha memoria complementaria, por cada actividade que se solicite; para a segunda actividade e seguintes, descargue e cubra de entre estes formularios, os que necesite segundo o tipo de actividade, e que acompañen ao do apartado a).

2.- Memoria orzamento - Memoria complementaria actividades tipo 1

3.- Memoria orzamento - Memoria complementaria actividades tipo 2, 3 e 4

4.- Memoria orzamento - Memoria complementaria actividades tipo 5

Para calquera dúbida ou aclaración pode contactar connosco no teléfono 981-184 200 e 981-189 800, extensións 25030 e 25035 ou no seguinte correo electrónico: uadeportes@coruna.es

Tamen pode consultar a Sede Electrónica do Concello da Coruña ou a Base de Datos Nacional de Subvencións

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?