Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Publicación no BOP número 146 do 2 de agosto de 2018 da convocatoria de subvencións para o ano 2018, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro, destinadas á promoción e o fomento do deporte no Concello da Coruña..

Aberto o prazo de solicitude ata o 3 de setembro de 2018 para a distribución de 120.000,00 € por procedemento de concorrencia competitiva.

Quen pode solicitar?

As asociacións, clubs, federacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente, que poidan levar a cabo os proxectos, programas e/ou actividades definidos no obxecto desta subvención e que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, e que non teñan convenio nominativo, agás que por motivo dos seus resultados deportivos amplíen o seu calendario de competicións en categorías de formación, con campionatos de España e/ou fases de intersectores clasificatorios para eles, poderán solicitar subvencións neste apartado para esas situacións concretas, e non para as súas competicións ordinarias.

Cal é o obxecto?

As actividades integradas nos tipos seguintes:

1. Programas de actividade deportiva: segundo a Lei 3/2012 do 3 de abril, de deporte de Galicia (en diante LDG) considérase actividade deportiva o exercicio físico regulado, cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración deportiva autonómica.

1.1. Aquelas entidades que reciben axuda directa municipal, e que por motivo dos seus resultados deportivos amplíen o seu calendario de competicións en categorías de formación, con campionatos de España e/ou fases de intersectores clasificatorios para eles, poderán solicitar subvencións neste apartado para esas situacións concretas, e non para as súas competicións ordinarias.

2. Programas de actividade física: segundo a LDG, considérase actividade física o exercicio físico desenvolvido co principal obxectivo de mellorar a condición física e/ou a ocupación activa do tempo de lecer, e de favorecer o desenvolvemento integral da persoa.

3. Deporte para todos: promoción do deporte en sectores sociais especiais por razóns de idade, condición física ou psíquica ou situación persoal.

4. Deporte autóctono e na natureza: promoción dos deportes tradicionais e autóctonos galegos. Expedicións de montaña e noutras actividades vinculadas coa natureza.

5. Organización de actividades deportivas de carácter extraordinario

Para cantas actividades podo solicitar?

Poderá solicitarse subvención para unha ou varias actividades nunha única solicitude, e deberá neste caso indicar a persoa interesada cada actividade de forma independente e por orde preferente, e poderá o Concello optar por unha ou varias delas.

Cal é o límite máximo subvencionable para cada tipo de actividade?

O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será do 80% do seu total. En consecuencia, o coeficiente de financiamento propio será como mínimo do 20%. O coeficiente de financiamento propio poderá estar constituído tanto pola achega propia da entidade solicitante como daqueloutras achegas procedentes doutras persoas e/ou entidades públicas ou privadas.

Para cada un dos tipos de actividades sinalados nos puntos do 1 ao 5 da base segunda, o importe máximo subvencionable para unha única entidade é de 4.000,00 €.

É compatible con outras axudas?

Esta subvención é compatible con outras axudas, de entidades públicas ou privadas. En ningún caso o importe da subvención municipal poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outros ingresos, subvencións ou axudas, supere o custo da actividade xustificada pola entidade beneficiaria.

Esta subvención é incompatible con outras axudas municipais concedidas de modo directo, excepto para as entidades sinaladas no apartado 1.1. da base 2.

Cal é a documentación para presentar?

A solicitude deberá presentarse no modelo que se achega á convocatoria (S1), recoméndase ter un editor de PDF actualizado e descargar o formulario para cubrir adxunto no pé da páxina.

Para quen está inscrito no REMAC, non é necesario achegar documentación relativa á entidade e o seu representante, excepto a certificación bancaria se non consta no Concello ou fixeron algún cambio. Se a entidade non está inscrita no Rexistro de Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) ten que presentar a detallada nos apartados a)1, a)2 e a)3, consultar a base 11 da convocatoria.

Onde podo presentar a solicitude?

Na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es ou en calquera dos rexistros de entrada do Concello con destino ao Servizo de Deportes.

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

MODELOS DE SOLICITUDE

Instrucións:

Recomendamos descargar os modelos no seu pc para que funcionen correctamente.

a) Se solicita subvención para unha soa actividade cubra unicamente este formulario:

1.- Solicitude subvencións Deportes - completa

O formulario consta de tres apartados: Solicitude (páxs. 1 a 3), memoria e orzamento (páxs. 4 e 5) e tres memorias complementarias (páxs. 6 a 10) (para actividades tipo 1, actividades tipo 2, 3 e 4 e actividades tipo 5) (neste último apartado deberá cubrir a que corresponda ao tipo de actividade solicitada, refugando as outras dúas).

b) No caso de solicitar subvención para máis dunha actividade, e dado que hai que presentar unha memoria, un orzamento e unha memoria complementaria, por cada actividade que se solicite; para a segunda actividade e seguintes, descargue e cubra de entre estes formularios, os que necesite segundo o tipo de actividade, e que acompañen o do apartado a).

2.- Memoria orzamento - Memoria complementaria actividades tipo 1

3.- Memoria orzamento - Memoria complementaria actividades tipo 2, 3 e 4

4.- Memoria orzamento - Memoria complementaria actividades tipo 5

Para calquera dúbida ou aclaración pode contactar connosco no teléfono 981 184 200 e 981 189 800, extensións 25030, 25033 e 25035 ou no seguinte correo electrónico: uadeportes@coruna.es

Tamén pode consultar a Sede electrónica do Concello da Coruña ou a Base de Datos Nacional de Subvencións

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?