Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Xa está aberto o prazo de inscricións: do 18 de Outubro ao 19 de Novembro (ambos inclusive)

Para o inicio do curso 2017/2018, a Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento presenta a V edición dos Xogos Escolares.

O Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até 4º de ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

Para a edición do curso 2017/2018, que se realizará nos meses de Novembro de 2017 ata Abril de 2018, os Xogos Escolares contarán coas seguintes modalidades deportivas:

  • Baloncesto (Primaria)
  • Balonmán (Primaria)
  • Tenis (Primaria)
  • Hockey Sala (Primaria e ESO)
  • Atletismo (Primaria e ESO)
  • Esgrima (Primaria)
  • Rugby (Primaria e ESO)
  • Xadrez (Primaria e ESO)

CUSTO

Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes. 

A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe, así como personal acompañante para o equipo que o solicite.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Para proceder a realizar as inscricións, primeiro deberas darte de alta como promotor de equipo ou equipos a través da plataforma Smart City seguindo as seguintes instrucións:

A primeira vez que realices unha inscrición como promotor nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que previamente esteas dado de alta na Plataforma Smart City indicando algúns datos básicos.

Unha vez completado este proceso de darse de alta como promotor en Smart City, poderase empezar a formalizar as inscricións de cada un dos participantes en cada modalidade deportiva. 

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Con un limite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Deberase cumprimentar un formulario de inscrición on line para cada un dos equipos.

O primeiro día de actividade cada alumno inscrito deberá entregar cuberto e asinado o Formulario de Identificación do Participante, o cal pódese descargar na seguinte ligazón.

Os equipos dos ciclos de ESO deberán ir acompañados durante os encontros por un responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadores máximos e mínimos establecidos no seguinte cadro:

MODALIDADE INSTALACIÓN CATEGORÍA DÍAS HORARIO COMPETICIÓN Nº MÍN. Nº MÁX.
PRIMARIA (2º a 6º de Primaria)
Baloncesto Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Xoves 18:00 a 19:00h 4 x 4 4 8
ALEVÍN Martes
Balonmán Polideportivo Municipal San Fco. Xabier BENXAMÍN Xoves 18:00 a 20:00h 5x5 5 10
ALEVÍN Martes
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña BENXAMÍN Venres 17:30 a 19:30h Individual 1 1
ALEVÍN
Tenis Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Venres 18:00 a 19:00h Equipos 4 8
ALEVÍN
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Mércores 18:00 a 19:00h 4x4 4 8
ALEVÍN
Rugby Cidade Deportiva da Torre BENXAMÍN Xoves 16:00 a 17:00h 5x5 5 10
ALEVÍN
Esgrima Casa Da Agua - Centro Especializado de Esgrima BENXAMÍN Martes 16:00 a 17:30h Individual 1 1
ALEVÍN Xoves
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor BENXAMÍN Venres 18:00 a 20:00h Individual 1 1
ALEVÍN
ESO (1º a 4º da E.S.O.)
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor ESO Venres 18:00 a 20:00h Individual 1 1
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo ESO Mércores 18:00 a 19:00h 4x4 4 8
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña ESO Venres 17:30 a 19:30h Individual 1 1
Rugby Cidade Deportiva da Torre ESO Luns 17:00 a 18:00 h 5x5 5 10

ENTIDADES COLABORADORAS

  • Baloncesto: Club Básquet Coruña
  • Balonmán: Club Balonmano OAR Ciudad Vieja
  • Xadrez: Asociación Galega de Axedrecistas
  • Tenis: Escuela de Tenis Marineda
  • Hóckey Sala: Escola Hockey Hierba A Coruña
  • Atletismo: Club Marineda Atlético, Club Riazor Coruña y Club Coruña Comarca.
  • Esgrima: Club Esgrima Coruña, Club Zalaeta 100tolos y Escola Galega de Esgrima
  • Rugby: Club de Rugby Arquitectura Técnica
  • Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

MÁIS INFORMACIÓN

No caso de precisar máis información o de ter dúbidas sobre o programa, poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes a través do enderezo electrónico xogosescolares@coruna.es ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?