Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Voluntariado Deportes Coruña

Voluntariado Deportes Coruña

Faite voluntario! -Faite voluntaria!: participa en Voluntariado Deportes Coruña: nas distintas actividades, eventos, escolas deportivas, cursos etc. organizados polo Servizo Municipal de Deportes.

 

Pode exercer en voluntariado toda persoa maior de 18 anos (menores con autorización) con gana de participar, colaborar, divertirse e integrar e integrarse nos proxectos deportivos de cidade.

Novos voluntarios/as: Inscríbete: Formulario de solicitude

PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO DEPORTES CORUÑA

1. Participación en espectáculos deportivos.

Dende este programa trátase de contribuír e apoiar a realización de grandes eventos deportivos, onde é necesaria a participación dun gran número de persoas que colaboren e se integren nun gran labor de cooperación deportiva e internacional.

Estade atentos ás súas respectivas convocatorias en Voluntariado Deportes, en www.coruna.es/deportes  

2. Apoio en Escolas Deportivas Municipais.

Trátase de contribuír e facilitar a práctica deportiva a colectivos e persoas con necesidades moi especiais:

  • Deporte para persoas con discapacidade (física, intelectual, sensorial e social).
  • Deporte para os nosos maiores.
  • Deporte e recuperación funcional.
  • Deporte e outros colectivos desfavorecidos.

3. Deporte, saúde, medio ambiente e hábitos de vida sans.

Este tipo de acción voluntaria baséase na impartición de charlas, conferencias, ciclos encamiñados a temas de saúde e á divulgación de hábitos de vida sans e ambientais relacionados co deporte para contribuír na obtención dunha maior calidade de vida da cidadanía e sustentabilidade das nosas cidades e espazos naturais.

ENTRA EN VOLUNTARIADO DEPORTES CORUÑA

  • se es solidario/a, participativo/a, colaborador, tes tempo e gana de divertirte,
  • se queres participar en novas e fantásticas experiencias,
  • se queres dar un sentido útil e solidario ao teu tempo libre,
  • se queres ampliar o teu círculo de amizades,
  • se queres sentirte internacional,
  • se queres convivir con deportistas de elite,
  • se queres compartir a túa experiencia e coñecementos,
  • se quere poñer o teu gran de area na túa cidade,

...participa en Voluntariado Deportes Coruña, e participa en eventos deportivos, escolas deportivas, e/ou en futuras accións, inscríbete: Inscríbete: Formulario de solicitude

En principio non é necesario ningún perfil específico, posto que estas actividades están sempre coordinadas por profesionais e técnicos, que te formarán para o exercicio do teu labor.

Só se requirirá seriedade no cumprimento do compromiso adquirido.

Sen dúbida será unha fantástica experiencia para todo aquel que colabore, ampliando amizades, coñecementos, vivencias etc...

Terás dereito a: (Extracto normativa vixente)

  • Recibir información, formación, orientación e apoio para realizar as tarefas encomendadas. Estableceranse cursos e horarios segundo dispoñibilidades xerais.
  • Ser asegurado contra riscos de accidentes derivados do exercicio da actividade voluntaria.
  • A cesar libremente na condición de voluntario/a en termos que non prexudiquen os fins da actividade.
  • Recibir un certificado de voluntariado polas funcións e horas realizadas.
  • Recibir equipamento oficial necesario para a prestación do servizo.

Deberes: (Extracto normativa vixente)

  • Só poderás ser considerado voluntari@, unha vez que asinases o compromiso de voluntariado municipal.
  • Coidar e responsabilizarte da acción solidaria: cumprir cos compromisos acordados. En caso de imposibilidade de desenvolvemento das miñas funcións, debido a causas maiores, informar canto antes.
  • Gardar confidencialidade da información recibida.
  • Rexeitar toda clase de prestación económica ou material que se lle ofreza pola súa participación.
  • Coidar e responsabilizarte do equipamento recibido.

 

POSTERS VOLUNTARIADO

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Inscríbete: Formulario de solicitude.

Se desexas máis información pódela solicitar en voluntariadodeportes@coruna.es

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa