Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Ampliación de inscrición - Xogos Escolares Curso 2019/20

ANUNCIO:

Mantense aberto o prazo de inscrición nestos Xogos Escolares ata o 29 de novembro as 23:59. Lembramosvos que poderedes formalizar as inscricións nos ligazóns de cada modalidade.

A data de comezo destes Xogos Escolares comunicarase vía email unha vez se confeccionen os calendarios deportivos e remate o prazo de inscrición

Xogos Escolares Curso 2019/20

Esta VII edición dos Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até 4º de ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

CUSTO

Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes. 

A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe, así como persoal acompañante para o equipo que o solicite.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORAS/ES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 1 de outubro ata as 23:59 do 31 de outubro de 2019 (ligazons nas categorías de cada unha das modalidades)

Para proceder a realizar as inscricións como promotor, primeiro deberás darte de alta a través da plataforma municipal Smart City. Unha vez completado este proceso, poderase empezar a formalizar as inscricións para os Xogos Escolares. 

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Cun límite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas, e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Deberase cubrir un formulario de inscrición en liña para cada un dos equipos que se queiran dar de alta nestes xogos.

O apartado teléfono para cada un dos participantes fai referencia ao teléfono de contacto do pai/nai ou titor/a legal, e non ao teléfono da/o menor.

No apartado autonomía do participante deberase marcar unha das tres opcións, o alumno pode irse só:

  • Ao finalizar a actividade na propia instalación
  • Ao chegar á súa parada de autobús
  • Sen autonomía (a/o participante nunca poderá irse só)

Os equipos dos ciclos de ESO deberán ir acompañados durante os encontros por unha persoa responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadoras/es máximos e mínimos establecidos.

As ligazons para a inscrición estan nas categorías de cada unha das modalidades

Pode descargar o diptico de actividades no documento adxunto ao final do cadro

CADRO DE COMPETICIÓNS

MODALIDADE INSTALACIÓN CATEGORÍA DÍAS HORARIO COMPETICIÓN Nº MÍN. Nº MÁX.
PRIMARIA (2º a 6º de Primaria)
Baloncesto Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Xoves 18:00 a 19:00 h 4 x 4 4 8
ALEVÍN Martes
Balonmán Polideportivo Municipal San Fco. Xabier BENXAMÍN Xoves 18:00 a 20:00 h 5x5 5 10
ALEVÍN Martes
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade da Coruña BENXAMÍN Venres 17:30 a 19:30 h Individual 1 1
ALEVÍN
Tenis Polideportivo Municipal Sagrada Familia BENXAMÍN Venres 18:00 a 19:00 h Equipos 4 8
ALEVÍN
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Luns 18:00 a 19:00 h 4x4 4 8
ALEVÍN
Esgrima Casa Da Agua - Centro Especializado de Esgrima BENXAMÍN Martes 16:00 a 17:30 h Individual 1 1
ALEVÍN Xoves
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor BENXAMÍN Venres 18:00 a 20:00 h Individual 1 1
ALEVÍN
ESO (1º a 4º da ESO)
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor ESO Venres 18:00 a 20:00 h Individual 1 1
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo ESO Luns 18:00 a 19:00 h 4x4 4 8
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña ESO Venres 17:30 a 19:30 h Individual 1 1

ENTIDADES COLABORADORAS

  • Baloncesto: Club Básquet Coruña
  • Balonmán: Club Balonmano OAR Ciudad Vieja
  • Xadrez: Asociación Galega de Axedrecistas
  • Tenis: Escuela de Tenis Marineda
  • Hóckey Sala: Escola Hockey Club
  • Atletismo: Club Riazor Coruña y Club Coruña Comarca.
  • Esgrima: Club Esgrima Coruña, Club Zalaeta 100tolos y Escola Galega de Esgrima
  • Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

MÁIS INFORMACIÓN

No caso de precisar máis información o de ter dúbidas sobre o programa, poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes a través do enderezo electrónico xogosescolares@coruna.es ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?