Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Economía y empleo

Hoxe coma onte, a actividade económica da Coruña só se pode definir como incesante. Aínda que a cidade sempre aproveitou a súa localización xunto ao mar para desenvolver a súa industria, esta metrópole soubo proverse dunha complexa e ampla rede de infraestruturas e de empresas que lle permitiron converterse no corazón económico e político de Galicia e nun dos máis destacados de España e de Europa.

O pasado deixou como herdanza unhas puxantes actividades económicas no ámbito comercial, portuario e pesqueiro que A Coruña mantivo do mesmo xeito que os beneficios de ser unha capital administrativa, financeira e de servizos na rexión galega.

O municipio da Coruña é a capital da provincia da Coruña, na Comunidade Autónoma de Galicia. Está situado no extremo noroccidental do país. É unha cidade atlántica con clima suave. É sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Delegación do Goberno nesta Comunidade e a Real Academia Galega. Así mesmo acolle a Capitanía Xeral Noroeste e é sede do Mando Loxístico Operativo do Exército de Terra.

A cidade soubo adecuar aos novos tempos a mencionada oferta empresarial e desenvolveu novas e interesantes actividades. Así o mostra o espectacular crecemento de parques empresariais nas inmediacións da cidade. Recentemente creáronse os polígonos de Alvedro (Culleredo), Os Capelos (Carral), Cerceda, Coirós e Curtis-Teixeiro e ampliáronse os polígonos de Espírito Santo (Cambre) e Piadela Sur (Betanzos). Ademais, tamén destaca a ampliación do polígono de Bértoa (Carballo) e a creación do Parque de Actividades Económicas de Arteixo.

Os dous polígonos industriais que se encontran no propio municipio, Pocomaco e A Grela-Bens, dan cabida ás sedes e instalacións de máis de mil empresas dos máis variados sectores: construción, alimentación, transportes, novas tecnoloxías, venda e reparación de vehículos. A situación estratéxica destes polígonos e a moderna rede de comunicacións existente, permiten que a loxística e o transporte de mercadorías reporten a estas empresas unha auténtica vantaxe.

En resumo, A Coruña reúne todas as condicións favorables para o establecemento de calquera nova empresa industrial e de servizos e móstrase como unha excelente base de oportunidades de negocio.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?