Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Solo industrial

Fotografía dun centro comercial con decoración do Nadal

A comarca da Coruña está integrada polos municipios de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada. Está dotada con oito polígonos industriais, comerciais e de servizos cunha superficie total que supera os 9.500.000 m2. Trátase dos polígonos da Grela-Bens, Pocomaco, Sabón, Alvedro, Bergondo, Espírito Santo, Os Capelos e Morás. Ademais, están en proxecto ou construción novos parques empresariais como o Polígono de Vío e a Cidade Tecnolóxica das Rañas, o que vai incrementar a oferta de terreo en máis de 1.110.000 m2.

Con todo, a proximidade e notable comunicación coas comarcas de Betanzos e Bergantiños permiten integralas na área de influencia da Coruña. Nas devanditas comarcas están parques empresariais tan importantes como Piadela, Bértoa, Curtis-Teixeiro, Coirós, Ponteceso, Laracha e Malpica cunha superficie total de máis de 4.900.000 m2.

 

Parques empresariais con superficie dispoñible na área de influencia da Coruña

Máis información

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa