Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Quen pode obter a Tarxeta Millennium?

Tarxeta social:

Pódena solicitar aquelas persoas que gozando de bonificacións sociais no servizo de transportes (pensionistas, escolares, persoas con discapacidade, persoas desempregadas, ...) teñan que renovar a súa tarxeta social de autobuses ou ben aquelas persoas novas solicitantes que cumpran os requisitos de obtención dos devanditos beneficios. Se vostede está nalgún destes casos, acudindo ás oficinas municipais situadas en María Pita, Estación de Autobuses ou Ágora, o Concello tramitaralle a súa Tarxeta Coruña Millennium no momento.

Tarxeta Xeral:

Presencialmente nas seguintes oficinas municipais:

  • Oficina municipal de Rexistro de María Pita
  • Oficina municipal da Estación de Autobuses
  • Centro Ágora

As/os menores de idade tamén poden obter a Tarxeta Millennium, no seu caso o contrato debe ser asinado polos seus pais ou titores legais.

No caso de que dispoña de certificado dixital pode solicitar a taxa  en liña premendo na seguinte ligazón:

Veciñanza doutros concellos

Ninguén é forasteiro na Coruña. A cidadanía NON empadroada no Concello da Coruña tamén poden obter a súa Tarxeta Coruña Millennium.

O Concello abriu o período de emisión xeral para a cidadanía non empadroada. A solicitude neste caso realizarase acudindo ás oficinas anteriormente citadas.

Importante: en calquera caso a tarxeta non poderá ser cargada ata o día seguinte á súa recepción por parte do/a cidadán/á.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?