Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo, do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses, que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985

Situada nun palacete dentro do Parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

> CEOS GALEGOS

A exposición fotográfica Ceos galegos mostra 8 das imaxes que compoñen o calendario Ceos galegos. Fotografías para difundir, comunicar e divulgar a protección dos valores naturais, culturais e turísticos do ceo.

> FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: Pode baixarse unha costa cara arriba? Como se moven as dunas? Que tamaño pode acadar unha pompa de xabón?

> PURO SWING

A exposición Puro swing  é unha colección de 15 módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

> PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, a que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

Viaxa polo espazo e o tempo, e aprende a mirar o ceo por ti mesmo. Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o universo a todos os públicos.

CARTELEIRA

> Todos os días:

12:00 A noite do vampiro (infantil, galego)

13:00 La noche es necesaria (castellano)

17:00 La niña que sabía caminar al revés (infantil, castelán)

18:00 O ceo dunha noite de verán (directo, galego/castelán)

19:00 A noite é necesaria (galego)

  • Os/as menores de 4 anos non poden acceder ao Planetario.
  • Os nenos e as nenas de 4 a 6 anos só poden acceder ás sesións infantís.
  • As entradas para todas as sesións dun mesmo día véndense desde a apertura da Casa das Ciencias.

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10:00 h a 18:00 h

Sábados, domingos e festivos: 11:00 h a 19:00 h

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10:00 h a 20:00 h

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h

24 de decembro: 10:00 h a 14:00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10:00 a 14:00 h

ENTRADAS

> Xeral: 2 euros. Planetario: 2 euros

> Reducida*: 1 euro. Planetario: 1 euro

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas tras a presentación dun documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación dun documento acreditativo

> Gratis

  • Os festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 8 de marzo)
  • Día da Ciencia na Rúa (5 de maio)
  • Día dos Museos (18 de maio)
  • Semana da Ciencia (do 12 ao 18 de novembro)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación do carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantado da Universidade ds Coruña, tras a presentación do carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros

*Menores de 14 anos e maiores de 65

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (só un acceso por museo), para iso é necesario conservar o bono en perfecto estado.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI (no suposto dos menores de 14 anos, se dispoñen del) cada vez que se empreguen.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?