Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Índice de transparencia dos concellos 2014

A organización non gobernamental Transparencia Internacional elabora o Índice de Transparencia dos Concellos que mide o nivel de compromiso das corporacións locais en ofrecer un acceso libre e diáfano á información municipal. Este índice avalía a transparencia dos 110 maiores concellos de España a través dun conxunto de 80 indicadores agrupados nas seguintes áreas:

A.1. Información sobre os cargos electos e o persoal do Concello (6)

  1. Especifícanse datos biográficos do Alcalde/sa e dos concelleiros/as do Concello.
  2. Especifícanse as direccións electrónicas do Alcalde/sa e dos concelleiros/as do Concello.
  3. Publícase a Axenda institucional do Alcalde/sa.
  4. Publícase de forma completa a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello.
  5. Publícase a relación de Cargos (postos) de confianza do Concello, e o importe individual ou colectivo das súas retribucións.
  6. Publícase a Oferta Pública de Emprego do Concello e o desenvolvemento e execución da mesma.

A.2. Información sobre a organización e o patrimonio do Concello (6)

  1. Especifícanse os diferentes Órganos de Goberno e as súas respectivas funcións.
  2. Especifícanse os datos básicos de órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais, así como ligazóns ás webs dos mesmos.
  3. Publícase de forma completa a Relación de Postos de Traballo (RPT) ou Persoais de Persoal dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais, indicándose de forma expresa os cargos de confianza neles existentes.
  4. Está aprobada/ou e publícase a Axenda Local 21, e o Plan Estratéxico (ou Mapa estratéxico) municipal.
  5. Publícase a relación de Vehículos oficiais (propios ou alugados) adscritos ao Concello.
  6. Publícase o Inventario de Bens e Dereitos do Concello.

A.3. Información sobre normas e institucións municipais (6)

  1. Ordes do día previas dos Plenos Municipais.
  2. Actas íntegras dos Plenos Municipais.
  3. Acordos completos das Xuntas de Goberno e as Actas íntegras cando actúen por delegación do Pleno.
  4. Pódense seguir en directo na web e/ou quedan almacenados na mesma os vídeos dos Plenos municipais.
  5. Existe e publícase un “Código ético ou de bo goberno" do Concello (preferentemente adaptado ao Código de bo goberno local aprobado por unanimidade dos grupos políticos na FEMP).
  6. Publícanse as resolucións xudiciais (íntegras ou unha ligazón aos seus contidos) que afecten o Concello.

B.1. Características da páxina web do Concello (2)

  1. Implantouse un Portal (ou sección específica) de transparencia na web do Concello.
  2. Existe un Buscador interno claramente visible na web do Concello

B.2. Información e atención ao cidadán (9)

  1. Pódese ver na portada de inicio o Mapa da propia web do Concello.
  2. Publícanse datos sobre as preguntas recibidas dos cidadáns ou organizacións (polo menos o número de preguntas recibidas e das contestadas).
  3. Publícase o catálogo xeral de servizos, así como as sedes dos servizos e equipamentos da entidade, con dirección, horarios de atención ao público e ligazóns ás súas páxinas web e/ou direccións de correo electrónico.
  4. Publícase o catálogo actualizado dos procedementos administrativos da súa competencia, con indicación do seu obxecto, trámites, prazos, sentido do silencio administrativo, e no seu caso formularios asociados, especificando os susceptibles de tramitación electrónica.
  5. Infórmase na web sobre situación e cortes no tráfico, e/ou incidencias nos servizos municipais.
  6. Recóllese na web información actualizada sobre a situación ambiental (contaminación do aire e acústica) no municipio.
  7. Contémplase na web municipal un espazo para que expresen as súas opinións e propostas os Grupos políticos municipais.
  8. Contémplase na web un espazo reservado para as diferentes Asociacións de veciños do municipio, e publícase unha relación dos temas ou preguntas formuladas polas devanditas Asociacións.
  9. Existen na web municipal foros de discusión ou perfís de redes sociais.

B.3. Grao de compromiso para coa cidadanía (5)

  1. Existe e publícase un Regulamento de Participación cidadá.
  2. Existen e infórmase sobre os Consellos municipais e/ou outras canles de participación cidadá (Foros cidade, Consellos sociais de Urbanismo, ...) e publícanse os seus acordos, informes ou propostas: Consello Escolar Municipal, Mesa de Comercio e Pacto Local polo Emprego.
  3. Posibilítanse as suxestións e a participación cidadá na elaboración dos plans económicos e Orzamentos municipais.
  4. Existe e infórmase sobre unha/s Carta/s de Servizos municipais, e do grao de cumprimento dos compromisos establecidos nas mesmas.
  5. Existen e publícanse os resultados de enquisas sobre prestación dos servizos.

C.1. Información contable e orzamentaria (5)

  1. Publícanse as modificacións orzamentarias aprobadas polo Pleno municipal, pola Xunta de Goberno, Alcalde ou Concelleiro delegado.
  2. Publícanse os Orzamentos dos organismos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais.
  3. Publícanse os informes en relación coa estabilidade orzamentaria emitidos pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal. A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal non emitiu informe sobre estabilidade orzamentaria do Concello da Coruña.
  4. Autonomía fiscal (Dereitos recoñecidos netos de ingresos tributarios / Dereitos recoñecidos netos totais).
  5. Capacidade ou necesidade de financiamento en termos de estabilidade orzamentaria (superávit ou déficit por habitante): Resultado orzamentario axustado / Nº habitantes.

C.2. Transparencia nos ingresos, gastos e débedas municipais (6)

  1. Ingresos fiscais por habitante (Ingresos tributarios/Nº habitantes).
  2. Gasto por habitante (Obrigas recoñecidas netas / Nº habitantes).
  3. Investimento por habitante (Obrigas recoñecidas netas (Cap. VI e VII) / Nº habitantes).
  4. Período medio de cobro (Dereitos pendentes de cobro (Cap. I a III) x 365 / Dereitos recoñecidos netos).
  5. Publícanse os informes trimestrais relativos ás medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais de pago a provedores (art. 16.7 Orde Ministerial HAP/2012/2015).A información que se publica é máis detallada: informes mensuais sobre o período medio de pago global (RD 635/2014, de 25 de xullo).
  6. Publícase o importe da débeda pública municipal consolidada e a súa evolución en comparación con exercicios anteriores.

D.1. Procedementos de contratación de servizos (2)

  1. Infórmase sobre a composición, forma de designación e convocatorias das Mesas de contratación.
  2. Publícanse as Actas das Mesas de Contratación.

D.2. Subministradores e custos dos servizos (2)

  1. Publícase a lista e/ou a contía das operacións cos provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello.
  2. Publícase información sobre o Custo efectivo dos servizos financiados con taxas ou prezos públicos.

E.1. Plans de ordenación urbana e convenios urbanísticos (6)

  1. Está publicado o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PGOU) e os mapas e planos que o detallan.
  2. Publícanse as políticas e programas do Concello relativos ao medioambiente, así como os informes de seguimento dos mesmos. Na web de Medio Ambiente atópase toda a información distribuída por áreas temáticas, que son:
  3. Publícanse os estudos de impacto ambiental, paisaxísticos e avaliacións do risco relativos a elementos ambientais.
  4. Publícanse (e mantéñense publicadas) as modificacións aprobadas do PGOU e os Plans parciais aprobados.
  5. Publícase información precisa dos Convenios urbanísticos do Concello e das actuacións urbanísticas en execución.
  6. Publícase información precisa sobre os usos e destinos do chan.(visor)

E.2. Anuncios e licitacións de obras públicas (3)

  1. Publícase información precisa da normativa vixente en materia de xestión urbanística do Concello.
  2. Publícanse os proxectos, os pregos e os criterios de licitación das obras públicas.
  3. Publícanse as modificacións, reformados e complementarios dos proxectos das obras máis importantes.

E.3. Información sobre concorrente, ofertas e resolucións (2)

  1. Publícase a listaxe de empresas que concorreron á licitación das obras públicas.
  2. Publícase o nome das empresas que realizaron as obras públicas máis importantes.

E.4. Obras públicas, urbanismo e infraestruturas (4)

  1. Achégase información precisa sobre cada unha das obras máis importantes de infraestrutura que están en curso (Obxectivos da obra e responsable municipal; contratista/s responsable/s; importe orzado; período de execución).
  2. Difúndese periodicamente (polo menos semestral) información sobre as obras de infraestrutura realizadas, e/ou as aprobadas pendentes de execución (informes, comunicados, notas de prensa, etc.).
  3. Investimento en infraestruturas por habitante (Gastos do exercicio (executados) en investimento (capítulo 6) en infraestruturas / Nº habitantes).
  4. Proporción de ingresos do Urbanismo: Ingresos derivados do Urbanismo / Ingresos totais.

F.1. Planificación e organización do Concello (3)

  1. Publícanse os Plans e Programas anuais e plurianuais nos que se fixan obxectivos concretos, así como as actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución.
  2. Publícase un Organigrama actualizado que permite identificar os responsables dos diferentes órganos, así como as súas funcións e relacións de dependencia.
  3. Publícanse os informes internos dos órganos de asesoramento xurídico e da intervención, unha vez que son definitivos.

F.2. Contratos, convenios e subvencións (6)

  1. Publícanse todos os Contratos formalizados, con indicación do obxecto, o importe de licitación e de adxudicación, o procedemento utilizado, os instrumentos a través dos que no seu caso se publicitou, o número de licitadores participantes no procedemento e a identidade dos adxudicatarios.
  2. Publícanse as modificacións dos Contratos formalizados.
  3. Publícanse periodicamente (como mínimo trimestralmente) os Contratos menores formalizados con información detallada dos seus importes e adxudicatarios.
  4. Publícanse datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario de Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.
  5. Publícase a relación dos Convenios subscritos, con mención das partes asinantes, o seu obxecto e no seu caso as obrigacións económicas convidas.
  6. Publícanse as Subvencións e axudas públicas concedidas con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios.

F.3. Altos cargos do Concello e Entidades participadas (3)

  1. Publícanse as retribucións percibidas polos Altos cargos do Concello e os máximos responsables das Entidades participadas polo mesmo.
  2. Fanse públicas as indemnizacións percibidas con ocasión do abandono dos cargos.
  3. Publícase o Rexistro de Intereses de Actividades e de Bens dos Altos cargos do Concello (contemplado na Lei de Bases de Réxime Local).

F.4. Información económica e orzamentaria (4)

  1. Publícase a relación de Inmobles (oficinas, locais, etc.), tanto propios como en réxime de arrendamento, ocupados e/ou adscritos ao Concello.
  2. Publícanse os Orzamentos do Concello, con descrición das principais partidas orzamentarias e información actualizada sobre o seu estado de execución.
  3. Publícanse as Contas Anuais/Conta Xeral do Concello (Balance, Conta de Resultado económico-patrimonial, Memoria, e liquidación do Orzamento).
  4. Publícanse os Informes de Auditoría de contas e os de Fiscalización por parte dos Órganos de control externo (Cámara ou Tribunal de Contas), do Concello e das entidades do sector público municipal.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?