Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Procedementos

As reclamacións económico-administrativas tramitaranse en única instancia e contra a súa resolución, con carácter xeral, só se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

O escrito de interposición da reclamación dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto contra o que se reclama.

Prazo de interposición:

A reclamación económico-administrativa interpoñerase no prazo dun mes para contar dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado, ou dende o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo (1 mes en caso de interposición do recurso de reposición e 6 meses nos casos de presentación de solicitudes tributarias, por exemplo bonificacións, exencións e devolucións).

No suposto de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva, o prazo para a interposición computarase a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago.

Volver a menú

Procedemento abreviado:

As reclamacións económico-administrativas tramitaranse polo procedemento abreviado, ante órganos unipersoais, nos seguintes casos:

  • Cando sexan de contía inferior a 600 €
  • Cando se alegue exclusivamente a inconstitucionalidade ou ilegalidade de normas
  • Cando se alegue exclusivamente falta ou defecto de notificación
  • Cando se alegue exclusivamente insuficiencia de motivación, incongruencia do acto impugnado
  • Cando se aleguen exclusivamente cuestións relacionadas coa comprobación de valores
  • Cando concorran outras circunstancias previstas na normativa que sexa de aplicación

En todos estes casos o procedemento iníciase mediante escrito que necesariamente deberá incluír:

A) A identificación do reclamante e do acto contra o que se reclama, o domicilio para notificacións e que se interpón ante o TEAM

B) As alegacións que se formulan

Ademais acompañarase a copia do acto impugnado así como as probas que estimen oportunas.

O prazo máximo para notificar a resolución será de seis meses contados dende a interposición da reclamación. Transcorrido o devandito prazo sen que se notificase a resolución expresa a persoa interesada poderá considerar desestimada a reclamación co obxecto de interpoñer o recurso contencioso-administrativo. Sen que iso impida que as persoas interesadas poidan exercitar calquera outro recurso que estimen pertinente.

Volver a menú

Procedemento xeral:

Nos restantes casos a reclamación tramitarase polo procedemento xeral, que será resolta polo Pleno de Tribunal e iniciarase mediante escrito que poderá limitarse a solicitar que se teña por interposta a reclamación, identificando o reclamante, o acto contra o que se reclama, o domicilio para notificacións e que se interpón ante o TEAM.

O reclamante poderá acompañar as alegacións en que basee o seu dereito.

Se non formula alegacións ou se o solicita expresamente, o tribunal poñerá de manifesto o expediente polo prazo dun mes no que deberán presentar o escrito de alegacións con achega das probas oportunas.

A duración do procedemento será dun ano contado dende a interposición da reclamación e transcorrido o devandito prazo sen que se notificase a resolución expresa a persoa interesada poderá considerar desestimada a reclamación co obxecto de interpoñer o recurso contencioso-administrativo. Aínda que as persoas interesadas poden presentar calquera outro recurso que estimen pertinente.

Volver a menú

Recursos contra resolucións do TEAM:

A resolución expresa do tribunal é obrigatoria e poderá ser estimatoria, desestimatoria ou declarar a inadmisibilidade.

As resolucións ditadas polo TEAM poñen fin á vía administrativa polo que son directamente recorribles ante os xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses dende a notificación da resolución.

Con todo, en certos casos (os sinalados no artigo 16.6 do Regulamento orgánico) con carácter previo ao contencioso, poderase interpoñer ante o propio tribunal recurso de anulación no prazo de 15 días.

Excepcionalmente poderase interpoñer o recurso extraordinario de revisión contra actos administrativos firmes e resolucións do TEAM cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 18 do Regulamento orgánico.

Volver a menú

Doutrina fixada polo TEAM:

En virtude do art. 16.7 do Regulamento orgánico, a doutrina que de modo reiterado estableza o TEAM vinculará os servizos municipais de xestión tributaria e recadación. As resolucións e actos administrativos que se fundamenten na doutrina establecida conforma a este precepto farano constar expresamente.

Volver a menú

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?