Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2016

Os Museos Científicos Coruñeses recibiron máis de 41.000 visitantes na Semana da Ciencia, e incrementan un 9,13 % as visitas respecto ao ano pasado

O concelleiro José Manuel Sande saúda o éxito da iniciativa, “que reforza a excelencia” das institucións de divulgación científica

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, vén de dar conta do número de visitas rexistradas aos Museos Científicos Coruñeses durante a celebración da Semana da Ciencia 2016. Así, entre o luns 7 e o domingo 13 de decembro, os recintos municipais artellados arredor da divulgación científica recibiron un total de 41.431 visitantes, 3.467 máis que o ano pasado na mesma iniciativa. O edil saudou "o éxito de participación cidadá", respecto á celebración da proposta que, se ben de 2014 a 2015 aumentou nun 4,2%, este ano fíxoo un 9,13%. "A resposta da veciñanza ante este tipo de inciativas reforzan, unha vez máis, a excelencia dunha institución necesaria, de vangarda e chave para a divulgación científica", sinala o responsable municipal, quen lembrou o compromiso do Goberno local "por invertir tempo e esforzo" en traballar "pola integración da cultura científica entre as veciñas e veciños da Coruña".

O Aquarium Finisterrae foi o centro máis visitado nesta Semana da Ciencia, cun total de 22.454 persoas, sendo o domingo 13 o día de maior afluencia de público, con 6.100 visitantes. Pola súa banda, a Domus foi visitada por un total de 11.092 persoas, acando tamén o domingo o seu rexistro, con 3.050 persoas. Mentres, polos tornos da Casa das Ciencias pasaron, desde o día 7 ata onte un total de 7.885 persoas, sendo o día 13, ao igual que nos outros dos museos, o día de maior asistencia de público, con 2.527 visitantes.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?