Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

5 de xaneiro de 2016

A concelleira de Medio Ambiente pide ao Goberno central que "aclare o calendario previsto para o dragado da Ría do Burgo"

María García solicita “ao Ministerio de Medio Ambiente e á Xunta de Galicia que participen nas reunións da Mesa da Ría, tal e como se lles vén convidando dende un inicio, dadas as importantes implicacións deste proxecto e para evitar confusións como estas”

A concelleira de Medio Ambiente, María García, demandou este martes ao Goberno central que “aclare os prazos existentes para definir o proxecto de dragado da Ría do Burgo”. A responsable municipal explica que “existe unha certa confusión sobre os prazos concedidos polo Ministerio de Medio Ambiente aos concellos e entidades implicadas na rexeneración da ría debido a un escrito que comezou a chegar aos municipios e que amplía o período para resolver o procedemento de exposición pública até xuño de 2016 como máximo”. “Esgotar este tempo implicaría a imposibilidade de iniciar o dragado da ría este ano, pospoñéndoo, como pouco, até 2017”, alertou a edil.

García insiste na necesidade de que “o Goberno central aclare o seu calendario, outorgando tempo suficiente ás partes implicadas para realizar alegacións, pero sen caer en atrasos innecesarios que provoquen que xurdan dúbidas sobre as intencións reais do Ministerio de levar a cabo este necesario proxecto”. A concelleira recorda que esta reclamación non parte unicamente do Concello da Coruña, senón de todos os axentes presentes na Mesa da Ría --concellos, confraría e Universidade-- que determinan que é necesario “que o Ministerio aclare canto antes o calendario definitivo previsto para a exposición pública e a formulación de alegacións ao proxecto”.

“Recentemente, todos os concellos presentes na Mesa da Ría recibimos o proxecto construtivo e o estudo de impacto do dragado. Á vez, notificóusenos un prazo de 30 días hábiles para realizar alegacións. Este, remataría mediados de xaneiro”, comenta a responsable de Medio Ambiente. “Dada a complexidade do proxecto, as entidades presentes na Mesa solicitamos unha ampliación de 15 días hábiles para analizar os documentos con maior profundidade, polo que nos colocaríamos no horizonte de febreiro”, explica, á vez que insiste en que demorar este prazo ata o verán sería “moi prexudicial para o desenvolvemento do necesario proceso de saneamento da ría”. “Hai que dar tempo aos concellos e actores implicados, pero non atrasar no tempo de tal forma este proxecto”, engade.

“Cremos que todo este tipo de confusións sobre os distintos prazos deste proceso se evitarían se tanto a Administración central --Ministerio de Medio Ambiente-- como a autonómica --Consellería do Mar e de Medio Ambiente-- asistisen ás reunións da Mesa da Ría do Burgo, tal e como se lles vén convidando dende un inicio- “Resulta difícil de entender que ante as repercusións que ten un proxecto como este nunha actividade como é o marisqueo, a Consellería do Mar non comunique as súas previsións e posicionamentos”.

Por outro lado, a concelleira García recorda que o Goberno local continúa a traballar “no marco das súas competencias”. “Estamos preparando as alegacións que cremos oportunas ao proxecto, entrevistándonos con especialistas da Universidade en temas relacionados coa ría e solucionando todos os puntos de verteduras detectadas no municipio”.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?