Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2018

A Coruña súmase á declaración 'Sharing Cities Summit', "que referenda a aposta do goberno local polo desenvolvemento urbano sostible e situar ás persoas no centro das súas políticas"

O concelleiro Alberto Lema participou esta mañá na terceira edición do cumio internacional, que se está a celebrar en Barcelona e ao que asisten representantes de máis de 40 municipios de todo o mundo

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participa esta xornada na terceira edición do cumio internacional Sharing Cities Summit. O evento, que ten lugar en Barcelona logo de celebrarse en Ámsterdam e Nova York, ten como obxectivo favorecer o aumento do impacto das economías colaborativas no desenvolvemento da vida social e económica nas áreas urbanas, á vez que analiza os efectos que están a xerar distintas plataformas dixitais sobre municipios. En concreto, o cumio reúne a representantes de administracións locais de máis de 40 cidades de todo o mundo que están a impulsar a posta en marcha de políticas municipais, desde o enfoque do ecosistema urbano e da colaboración do tecido público-privado, que favorezan un crecemento sostible da economía colaborativa nun contexto globalizado.

Durante esta mañá, o concelleiro asinou a adhesión do Concello da Coruña á Declaración conxunta Sharing Cities Summit, que propón, partindo dos acordos do cumio celebrado en Nova York, uns principios comúns de cara a avanzar no desenvolvemento "dunha cidade compartida, que conecte o traballo dos distintos municipios no eido destas políticas e garanta a presenza dun enfoque transversal de xénero e inclusión social", explica Lema. "A participación neste cumio, así como a adhesión ao manifesto, supón apostar pola innovación e a economía colaborativa sometida aos intereses da cidade, do ben común e, polo tanto, desde unha perspectiva sustentable", sinala o responsable municipal. "O goberno local leva tres anos poñendo en marcha políticas que favorezan e impulsen proxectos de economía social e colaborativa na cidade. A sinatura e adhesión ao manifesto internacional referenda o compromiso do executivo coruñés cun desenvolvemento urbano sostible, da aposta por modelos alternativos e socialmente responsables e que poñen ás persoas tamén no centro das políticas económicas", apunta o edil.

No encontro, ademais da Coruña, participan representantes de municipios como Ámsterdam, Barcelona, Belén, Bolonia, Buenos Aires, Gante, Gotemburgo, Kobe, Madrid, Maribor, Melbourne, Milán, Montreal, Montreuil, Nueva York, París, Seúl, Tel Aviv, La Haya, Toronto, Umea, Viena, Singapur, Austin, Torino ou Portland, entre outras. Durante o desenvolvemento do cumio, os concellos están a poñer en común as medidas innovadoras que están a aplicar nas respectivas áreas urbanas de cara a afrontar os retos e oportunidades que presenta o desenvolvemento urbano sostible, como por exemplo a implementación de plataformas dixitais baseadas en sistemas colaborativos, respectuosos co medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza, nos que se estableza unha comunicación efectiva coa cidadanía. Precisamente da Declaración asinada esta mañá despréndese tamén os criterios comúns para garantir os termos de regulamento e negociación que poden ter os municipios fronte ás grandes plataformas dixitais que xeran fortes impactos na vida das áreas urbanas.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?