Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

1 de xullo de 2019

A programación do Atlantic Pride complétase con charlas e proxeccións audiovisuais

A fundación Luís Seoane acollerá unha exposición do artista Javier Codesal. Eli Ríos manterá un encontro cos lectores na librería Berbiriana

Á ampla e variada programación musical -coa Casa Azul como cabeza de cartel- súmanse charlas, proxeccións audiovisuais, arte e literatura para completar un programa co que celebrar e visibilizar a diversidade afectivo-sexual. 

Este apartado da semana do Orgullo do Norte comezará o luns 8 de xullo coa inauguración de "O Ogro", unha exposición do polifacético artista Javier Codesal, pioneiro do videoarte en España. 

Ao día seguinte -antes de que as actuacións musicais comecen nas prazas José Sellier e Cormelana-, Patricia Freire e Lucía Suárez falarán sobre a "Invisibilidade: o papel da bisexualidade no activismo LGTB. Transformando miradas: boas prácticas para o profesorado na atención ao alumnado trans", na Casa Museo Casares Quiroga ás 18.00 horas. 

As mesas redondas continuarán o venres 12 de xullo con Mar Ortega que realizará un repaso polos "30 anos de activismo LGTBI" na Fundación Luís Seoane, xusto despois da proxección do Ciclo "visibles". Unha serie de curtas lésbicas en colaboración con Zinegoak, tamén na Luís Seoane, ás 18.00 horas. 

O sábado 13 de xullo haberá unha completa axenda de actividades que comezará ás 11.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez coa narración de testemuños vitais de maiores LGTBIQ+ nos Bancos da Diversidade. 

Na librería Berbiriana, 12.30 horas, Bárbara G. Vilariño presentará un encontro pola igualdade e a visibilidade lésbica, no que se presentarán os libros "Ningunha tortilla é mala" e "DX" de Eli Ríos que charlará coas persoas lectoras e o público que se achegue ata esta librería. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, na fundación Luís Seoane, Iker Feire e Mar Vieites serán os relatores de "Animando a diversidade. Realidades LGTBI na historia da animación e videoxogos". 

O Festival Atlantic Pride conta co apoio das catro entidades LGTBIQ+ da Coruña -Orgullo Coruña ORCO, A.L.A.S. Coruña, CASCO e Les Coruña-. Inicia a súa andaina este 2019 coa colaboración do Consorcio de Turismo e o Concello da Coruña, así como co patrocinio de Neograf, Schweppes, Corunet e Estrella Galicia, encargada de dar nome ao escenario principal, situado nos Xardíns de Méndez Núñez. 

Documentos:

CARTEL.jpg (252 KB)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?