Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de marzo de 2019

Comeza a 3ª edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas

Da comezo esta iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social.

Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

Nesta edición a formación celebrarase no primeiro semestre de 2019, e tamén haberá titorías individuais para as participantes. Así mesmo, tamén se celebrará o II foro participativo aberto a todas as mulleres da Economía Social Galega.

Toda a información relativa a ambas as dúas formacións: docentes, programa completo, horarios, etc. pode consultarse nas seguintes ligazóns: curso directivas e curso socias.

As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas e socias​), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 651 394 409. O prazo para inscribirse remata o 29 de marzo de 2019.

Toda a información no enderezo http://eusumo.gal/programa-medrando-xuntas-2019

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?