Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2018

Delso reivindica ante o alumnado de Educación Social “unha nova cultura que entenda a participación cidadá como un dereito duradeiro e instalado na sociedade”

A concelleira expuxo esta mañá as políticas públicas do Concello para impulsar a participación dos e das veciñas da cidade durante unha visita á facultade

A edil de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, interveu esta mañá ante o alumnado do Grao de Educación Social para presentar as distintas políticas de participación social implementadas durante este mandato polo Goberno local e a visión e obxectivos que as apoian. Delso, que foi convidada polo alumnado xa que está a estudar e traballar sobre este tipo de iniciativas, incidiu en que o Concello trata de "impulsar un cambio duradeiro na sociedade, instalar unha nova cultura na que se entenda a participación cidadá como un dereito que serve para devolverlle soberanía e poder á veciñanza dende as institucións e tamén para deseñar políticas públicas de xeito colectivo".  

Nesta liña, a concelleira afondou en como se poden empregar as políticas públicas e os mecanismos de participación para afrontar as desigualdades con perspectiva de xénero, os sistemas de redistribución por distritos ou os modelos de xestións de espazos, coma a rede de espazos TEU ou o futuro equipamento das Naves do Metrosidero. Esta exposición de Delso acompañarase cun roteiro, que se celebrará a vindeira semana, por distintos espazos da cidade que representan estes diferentes mecanismos de participación. Así, os e as estudantes, que están a analizar no curso programas como os orzamentos participativos, a proxecto de O Noso Patio ou o mapa de distritos, visitarán o patio escolar do CEIP Sanjurjo de Carricarte --que vén de recibir un recoñecemento de Unicef pola aplicación dunha estratexia innovadora de participación infantil e adolescente no seu desenvolvemento--, o mural realizado nas escaleiras da rúa Adelaida Muro dentro dun dos proxectos do Co-Lab, a peonalización da rúa Marola e a súa vinculación ao proceso participativo do Camiño do vixía e a biblioteca de Monte Alto, como un espazo para o debate e a participación cidadá.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?