Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de novembro de 2019

Inés Rey anuncia en Oza a adquisición dunguindastre para que o club das Xubias impulse a súa actividade náutica

A alcaldesa e o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, inauguraron esta mañá o novo pantalán nas instalacións da futura estaciónnáutica municipal O guindastre facilitará aos usuarios subir e baixar as súas embarcacións

A alcaldesa, Inés Rey, e o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, xunto á directiva do Club S.D. As Xubias, inauguraron esta mañá o novo pantalán nas instalacións da futura base náutica municipal de Oza, onde anunciou que o Concello adquirirá un guindastre que permitirá aos usuarios e usuarias subir e baixar as súas embarcacións. Deste xeito, as e os deportistas da entidade terán un acceso ao mar máis fácil e seguro, ademais de operativo e o persoal adestrador poida desenvolver o seu traballo en óptimas condicións.

A rexedora sinalou que o pantalán, unha demanda case histórica da entidade deportiva, é un primeiro paso para poñer en marcha unha estación náutica municipal. "Unha base para deportes e lecer náutico que servirá de sede das escolas municipais deportivas", apuntou Inés Rey, quen subliñou o compromiso do Goberno local coas especialidades náuticas. "Somos unha cidade rodeada de mar que ten que aproveitar todo o seu potencial, xa que somos unha das zonas máis propicias para practicar estes deportes", avogou a alcaldesa.

Inés Rey lembrou que o Concello traballa no fomento do deporte en todas as súas vertentes. "O noso deber é darlle á mocidade as ferramentas para a práctica do deporte e ampliar as instalacións para desenvolver as distintas modalidades que cada día teñen unha maior demanda", indicou.

A intención do Goberno local, explicou a rexedora, é contar cunhas instalacións que ademais de lles daren servizo ás escolas municipais lles sirvan de sede a outras entidades vinculadas á práctica de actividades náuticas. Para iso, a Concellería de Deportes está a valorar distintos proxectos para construír un complexo deportivo que responda ás necesidades das entidades e clubs para lle poder ofrecer á cidadanía actividades e servizos de calidade.

Durante a inauguración, o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego anunciou que desde a concellería están a realizarse xestións para instalar novos puntos de luz, tal e como solicitara a presidenta do club na última reunión mantida co responsable de Deportes.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?