Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2017

IV Torneo 6vs6 Cruyff Court

6vs6 Court Cruyff

A pista Cruyff Court de Novo Mesoiro é unha pista de fútbol de herba artificial que o día 13 de maio desde as 16.00 horas acollerá a realización do IV Trofeo Cruyff Courts na modalidade de 6 contra 6 xogadores.

9 de maio

Unha vez pechado o prazo de inscrición, procédese a publicación do cadro de competición, o cal poderán consultar na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da noticia:

5 de abril

O torneo dispútase en dúas categorías, fútbol masculino e fútbol feminino, para mozos e mozas (alumnado do mesmo centro educativo), nacid@s entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2007 (entre 10 e 12 anos). O modo de inscrición é moi sinxelo, pois só necesitades xuntar un mínimo de seis xogadores (máximo ata 8) e unha persoa responsable que sexa maior de idade e que faga de delegado para poder participar. A participación é gratuíta e podedes descargar o boletín de inscrición nesta ligazón ou ben no documento que figura no pé da noticia. Ademais podedes consultar máis información na web www.cruyff-foundation.org . Requirirase o certificado de matriculación no centro.

O IV Trofeo Cruyff Courts 6 vs 6 é un campionato que conecta a todos os Cruyff Courts do mundo e que lles permite ás persoas gañadoras desta cuarta edición loitar polo campionato nacional que se realiza o 11 de xuño.

Ademais do aspecto puramente deportivo, o torneo aséntase nuns principios básicos que todas as persoas participantes deben asumir como propios, son as 14 regras establecidas por Johan Cruyff, que se aplican en todos os Cruyff Courts do mundo e que podedes consultar nos boletíns de inscrición. O respecto, unha das 14 regras de Johan Cruyff, é fundamental para o campionato.

Anímate e participa!, poñédevos de acordo un mínimo de seis amig@s e vivide unha experiencia nova, divertida e educativa. O prazo de inscrición finaliza ás 13.00 horas do día 5 de maio de 2017, as cales poderanse facer chegar mediante unha imaxe escaneada do formulario de inscrición cuberto a traves da conta xogosescolares@coruna.es.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?