Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

22 de maio de 2017

O alcalde destaca que a concesión de 15 millóns de euros correspondentes a fondos EIDUS “referenda a aposta por un novo modelo de cidade, A Coruña Próxima”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Ferreiro explicou que “agora se inicia o proceso para incorporar estes fondos ao orzamento municipal” e poder abordar diferentes actuacións que se basean “no aproveitamento do espazo público, a peonalización de rúas ou a mellora dos mercados e que conta con proxectos que priman a mobilidade sostible”

A Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos vén de publicar este luns no BOE a resolución da segunda convocatoria de axudas para o desenvolvemento de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (fondos DUSI) que serán cofinanciadas mediante o programa europeo de Crecemento Sostible Feder 2014-2020. A Coruña recibe 15 millóns, do total de 35.630.000 euros concedidos a Galicia nesta convocatoria. O alcalde, Xulio Ferreiro, destacou esta mañá "a confianza" que o Goberno local sempre tivo neste proxecto que se artella arredor da "mobilidade como catalizadora e potenciadora da calidade urbana".  "É unha moi boa noticia. Fomos capaces de mellorar tecnicamente o proxecto que se presentara en primeira convocatoria, que fora aprobado pero que quedara sen fondos. Sempre dixemos que o noso proxecto era bo, e agora o ratificamos. Vai na liña dese modelo de cidade da que falamos, esa Coruña Próxima", comentou o primeiro edil ante os medios. "Agora iniciamos o proceso para incorporar eses 15 millóns de euros ao orzamento municipal. O fundamental é que nos próximos anos imos poder desenvolver un proxecto de cidade que ten que ver co aproveitamento do espazo público, coa peonalización de rúas, a mellora dos mercados, e que conta con proxectos que priman a mobilidade sostible, por exemplo coa adquisición de bicicletas eléctricas. Isto non vén máis que a referendar ese modelo de cidade de Coruña Próxima que imos intentar que se vexa axiña", indicou.

A estratexia de desenvolvemento urbano que vén de recibir os 15 millóns en axudas denomínase 'A Coruña, Cidade Cercana' e o documento que a integra foi aprobado por unanimidade do Pleno municipal o pasado 12 de decembro, logo de obter tamén o apoio da comisión informativa creada, por impulso do Executivo local, para traballar na proposta. O documento desenvólvese a partir de 11 obxectivos estratéxicos, que se materializan en 23 obxectivos operativos e 34 liñas de actuación, artellados sobre tres liñas, como son a 'Cidade Integradora', 'Cidade Intelixente' e 'Cidade Sustentable', unha proposta que toma tamén como base a primeira proposta elaborada polo Goberno municipal que non recibiu fondos en primeira convocatoria. A dotación financeira total da estratexia, que fixa o seu marco temporal entre 2017 e 2023, alcanzaría os 52,1 millóns de euros, entre os fondos suxeitos a subvencións e os que aportará o propio Concello.

Proximidade como valor urbano

A estratexia EIDUS coruñesa aposta "pola proximidade como valor urbano" para o reforzo da convivencia no espazo público, a través de retos como son a redución da dependencia do automóbil privado ou o incremento de medios de transporte de menor impacto ambiental, xunto con outras medidas dirixidas a alcanzar obxectivos como a mellora da calidade ambiental dos espazos públicos da cidade, a mellora dos mercados municipais de proximidade "como ágoras e centros de actividade dentro dos barrios, básicos neste novo modelo de cidade", a redución da emisión de gases de efecto invernadoiro, a mellora e protección do ciclo integral da auga, o fomento das TIC, o emprego, a innovación ou medidas de inclusión social. Entre os conceptos "estratéxicos", cóntase tamén a intermodalidade, nun plan "coherente coa estratexia do Goberno local e o traballo diario". O proxecto municipal recoñece o valor de transformación que sobre a mesma terá a futura construción da Estación Intermodal de San Cristóbal. Neste senso, a localización e proxecto de intercambiadores urbanos será fundamental para a boa articulación do sistema de mobilidade sostible da cidade e a súa área metropolitana.

A estratexia Coruña Cidade Cercana propón como eixe de actuación prioritaria a conexión da cidade en termos de sostenibilidade ambiental xunto coa intervención no espazo público de proximidade, tendo en consideración ao tempo a dimensión metropolitana da Coruña. O proxecto que vén de recibir 15 millóns de euros en fondos destaca que "as intervencións no espazo público están orientadas a mellorar a calidade ambiental e o acceso aos servizos públicos da cidade de maneira solidaria, reducindo os índices de desigualdade crecente e impactando en todos os barrios da cidade, sen distinguir entre centro e periferia, aumentando a calidade do espazo público en termos de accesibilidade, proximidade e deseño universal".

**O documento pode descargarse na web a través de  http://www.coruna.gal/eidus/gl.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa