Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

18 de xaneiro de 2018

O Concello asina co Ministerio de Defensa o acordo que permite gañar para a cidade 90.000 metros cadrados de solo público na Maestranza

O concelleiro Xiao Varela salienta que esta cesión “supón regularizar a situación destes terreos e garantir a súa titularidade e xestión públicas, que non estaban garantidas na situación na que se atopaban ata agora”

O Concello formalizou este xoves co Ministerio de Defensa  a cesión definitiva de 17 parcelas na Maestranza, uns terreos duns 90.000 metros cadrados que pasan a incorporarse desde hoxe ao patrimonio municipal. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o director do INVIED -o organismo autónimo Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa- asinaron esta mañá a acta de entrega ao Concello das fincas, que abranguen solo desde o Hospital Militar ata a rúa Veramar, o que inclúe os viais e xardíns da contorna da Reitoría, o solo da Fundación Luis Seoane e a antiga Comandancia de Obras. "O goberno local logra culminar a regularización deses terreos, pendentes da cesión definitiva desde o ano 1984 e do paso de varios gobernos municipais, e permite aumentar o patrimonio de solo municipal e blindar ese terreo para o uso público", sinala o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, que recorda que este acordo con Defensa chega despois de moito traballo e meses de negociación.

"Esta cesión permítenos acadar o obxectivo de incorporar solo novo ao patrimonio do Concello e blindar a potestade municipal", incide o responsable municipal, que indica, en relación ás naves da Comandancia de Obras, que a cesión supón ademais un cambio de natureza dos terreos, considerados até agora como Ben Patrimonial e que pasan a ter consideración de Ben de Dominio Público, o mesmo que as prazas e os parques, o que supón a maior blindaxe para unha parcela pública, o que impide que, a partir deste momento, esta poida venderse e garante que os seus usos sexan públicos". A este respecto, Varela destaca que a consecución desta nova consideración do solo da Comandancia está na liña coas pretensións do goberno local para a parcela da Solana, "que é que sexa de dominio público para evitar a súa venda e blindar un uso para a cidadanía". "Agora, tanto os terreos da Comandancia como o resto de fincas afectadas pola cesión pasan a ter titularidade e xestión cen por cen públicas", subliña, e sinala que o acordo serve ademais para regularizar a situación destes espazos e adaptalos ao planeamento vixente. A este respecto, o acordo para a entrega dos terreos da Maestranza ao Concello explicita que o mesmo supón a cesión das fincas, "destinadas a viais, espazos libres, zonas verdes e dotacións públicas, de acordo coas determinacións do planeamento urbanístico".

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?