Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2017

O Concello asina un convenio coa Deputación polo que xestionará o Programa de Axudas á Creadores Locais, “que busca o fomento da realización artística dentro da cidade”

O alcalde, Xulio Ferreiro, coa vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín

O alcalde, Xulio Ferreiro, coa vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín

O convenio ten unha dotación de máis de 166.000 euros. “Os e as creadoras deben ter un apoio máis alá da súa formación para que poidan desenvolver traballos no ámbito da cultura, que tamén é unha xeradora económica”, explicou o alcalde

O alcalde da Coruña asinou hoxe un convenio coa vicepresidenta da Deputación provincial, Goretti Sanmartin, co gallo de asentar as bases de colaboración das dúas entidades ás que representan co obxectivo de desenvolver o Programa de Axudas a Creadores Locais. Este é levado a cabo pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, dirixida por José Manuel Sande, e procura "o fomento da cultura mediante a realización dun proxecto de creación ou intervención artística que teña como escenario ou temática a cidade ou a súa historia e cultura popular". O convenio establece que o citado programa será levado a cabo polo Concello da Coruña cun crédito de 166.140 euros, do que o 80% será aportado con fondos da Deputación, e o resto pola administración local. As actividades obxecto de financiamento deberán ser levadas a cabo antes do 31 de decembro deste ano.

"A Coruña é un lugar de efervescencia cultural, un lugar onde existe moita xente facendo cousas moi interesantes no ámbito da cultura, xa sexa pola literatura, as artes escénicas, as plásticas ou a música...Esta é unha liña máis de apoio a toda esa xente que está traballando na cidade", explicou o alcalde. "Os e as creadoras teñen que ter un apoio máis alá da súa formación para que realmente poidan desenvolver traballos no ámbito da cultura, e poidan vivir da cultura", engadiu.

O primeiro edil da Coruña manifestou, ademais, que este programa de axudas "é perfectamente coherente con traballo que está a desenvolver a Concellería de Culturas", que impulsa, ademais, programas como Cultura de Barrio, Arraigo e Activa o Deporte, para impulsar e empoderar a creadores e entidades sociais e culturais da cidade. Ademais, tamén leva a cabo un decidido programa de apoio á creación musical no ámbito local, co Festival Noroeste, e no campo audiovisual, colaboración coa difusión de moitas creacións coruñesas.

"Para este Goberno local a cultura é unha peza fundamental da creación do modelo de cidade da Coruña Próxima. Nestes momentos, somos a capital da Cultura de Galicia, e nós, como Concello, non podemos senón apoiar e estimular esa efervescencia e as potencialidades que ten a cultura como mellora da sociedade e tamén como pulmón económico", destacou.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa