Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2017

O Concello inicia a primeira fase do proceso para a adquisición de vivendas para ampliar o parque municipal, de cara a “facilitar o acceso aos colectivos con maiores dificultades e rexenerar zonas degradadas da cidade”

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda presentou hoxe as bases reguladoras da convocatoria, que serán levadas a Xunta de Goberno local este venres para acometer “a que é unha das liñas estratéxicas deste Goberno local”. Como avanzou, o investimento nesta primeira fase será de 1,26 millóns, ao que se sumará unha partida para a rehabilitación das propiedades

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, presentou este martes o borrador das bases reguladoras do concurso para a adquisición de vivenda por parte do Goberno local, unha iniciativa que, como indicou, é "unha das medidas máis relevantes do orzamento deste 2017" e ten por obxectivo "aumentar o exiguo parque parque de vivenda municipal -composto por 403 inmobles- e, ao mesmo tempo, a rexeneración urbana nas zonas máis degradadas da cidade". O responsable remitiuse, neste sentido, a un estudo de campo desenvolvido o o ano pasado, que conclúe que existen na cidade preto de 450 inmobles completos deshabitados, dentro das case 20.000 vivendas baleiras existentes na Coruña. Como fixo notar Varela, a maior parte destes inmobles está na zona Pepri -a incluída dentro do Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Cidade Vella e Pescadería-, motivo polo cal a convocatoria, que abrangue toda a cidade, dará preferencia a este ámbito.  

As bases do concurso público, en réxime aberto mediante convocatoria pública, irán este venres a Xunta de Goberno local para a súa aprobación, para abrirse despois a convocatoria pública. "Artellamos esta proposta para seguir traballando a prol do dereito á vivenda, que é unha das liñas estratéxicas deste goberno, e na que tamén facemos un esforzo importante no proxecto orzamentario", sinalou esta mañá o responsable municipal, quen recordou que a finalidade pasa por "dar acceso á vivenda aos colectivos con maior dificultade, o que inclúe persoas en risco de exclusión social, pero tamén a xente moza ou persoas maiores, por exemplo". O orzamento que se destinará a este proxecto, "despois das reducións impostas pola oposición no proceso de aprobación definitiva de orzamento", será de 1,26 millóns de euros nesta primeira convocatoria, ao que se suma outra partida, xa prevista, para a rehabilitación das construcións que adquira o Concello.   

Tal e como expuxo o concelleiro, unha vez estean aprobadas as bases, publicaranse  no Boletín Oficial da Provincia, no Perfil do Contratante e na web municipal, despois do cal abrirase un período de dous meses para que as persoas interesada poidan presentar as súas ofertas. A continuación, e segundo deu conta Varela, o Concello procederá a realizar unha valoración cuns criterios que, terán en conta, no lote 1 -pisos e vivendas unifamiliares-, o prezo do metro cadrado como cuestión principal; neste sentido, adiantou que o o prezo máximo a pagar será de 1.700 euros por metro cadrado de superficie construída. Neste primeiro lote, terase en conta tamén a accesibilidade do edificio e os anexos que poida ter, ademais do seu nivel de catalogación, número de estancias e certificación enerxética, e tamén se valorará a súa inclusión ou non na zona Pepri. Como fixo notar, o lote 2 -edificios- é "o que pode ter máis impacto na rexeneración urbana". Neste caso atenderase á propiedade do edificio, "para contribuír a desbloquear a situación de edificios abandonados que teñen multi-propiedade (varias persoas herdeiras)", e igualmente valorarase o nivel de catalogación e, de forma importante (ata 20 puntos), a súa inclusión no ámbito Pepri.

Unha vez elaborado o listado, o Concello realizará unha valoración dos inmobles, que se engadirá á oferta presentada polo propietario e a unha taxación externa que tamén se solicitará desde o Concello. "Entre estas tres valoracións escollerase a máis baixa e será a que sirva para facer a oferta desde o Concello", observou o responsable de Rexeneración Urbana, para avanzar que a formalización das compras está prevista para a segunda metade deste ano, tras o cal, procederase á rehabilitación das vivendas para que poidan ser postas en uso como vivenda municipal. "O que queremos é poñer en marcha unha medida de apoio á rexeneración urbana e dar unha saída a certos edificios e persoas propietarias que, por falta de cartos ou outras razóns, non tiveron a capacidade de poñer os inmobles en servizo", quixo destacar Varela, quen salientou da iniciativa que é, ademais, "unha medida proactiva que dá pé ao Servizo de Ruínas -dependente desde hai unhas semanas de Rehabilitación e Vivenda- a propiciar unha saída aos edificios que están nunha situación máis comprometida, ao tempo que iniciamos un proceso máis activo para esixir aos e ás propietarias que cumpran coas súas obrigas". Neste sentido, o responsable municipal destacou que o traslado do servizo de Ruínas busca poder acometer estes procesos "desde un punto de vista máis activo que sancionador".

A Mariña

Por outra banda, o concelleiro informou durante a comparecencia da adxudicación, o pasado venres, do contrato para a subministración dos elementos de protección que se colocarán no cantil da Mariña. Como sinalou, dado que o prazo de subministro é de dúas semanas, a previsión é que estean instalados nese prazo.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa