Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2018

O concelleiro Xiao Varela destaca a dilixencia coa que se acometeron os traballos previos, “de cara a diminuír, na medida do posible, a afección que suporá para o barrio a intervención”

O Concello inicia as obras de rehabilitación das cubertas do estadio municipal de Riazor, que provocarán desde mañá cambios na circulación no perímetro das instalacións

No Paseo da Habana cortarase o tráfico no sentido saída da cidade e manteranse dous carrís cara ao Paseo Marítimo, mentres que en Manuel Murguía permanecerá habilitado só un carril no sentido de saída. As liñas do transporte público 3, 3A e 7 contarán con itinerarios alternativos

O goberno local da Coruña iniciará mañá as obras de reforma e mellora da cuberta e das estruturas metálicas das bancadas do estadio de Riazor, despois de concluír cos traballos previos iniciados o pasado mes de abril. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salienta a envergadura da actuación, que conta cun investimento de case 7,2 millóns de euros e cuxa execución provocará desde esta semana modificacións de relevo na circulación rodada na contorna da instalación municipal, "tanto para os vehículos privados como para o servizo de transporte público". "O labor que se desenvolveu nos últimos meses permitirá que os traballos de montaxe e execución sexan o menos molestos posibles, aínda que, como toda actuación de tanta importancia polo volume a tratar, como é o caso de Riazor, poida provocar incomodidades tanto para a veciñanza da contorna das instalacións, polo desenvolvemento de xeito continuo dos traballos, como para a propia circulación na cidade", expón Varela, que indica que o perímetro do recinto de obra estará delimitado para acometer a intervención coas medidas de seguridade axeitadas.

Así, desde mañá, martes 29, a partires das oito da mañá, cortaranse os dous carrís de sentido saída da cidade no Paseo da Habana, cara a Gregorio Hernández e Peruleiro, á vez que se eliminará a posibilidade de realizar o xiro á esquerda en Eduardo Dato, procedente de Calvo Sotelo e do Paseo Marítimo. De cara a manter a circulación no sentido entrada, cara á avenida de Bos Aires e praza de Pontevedra, suprimirase o estacionamento na vía. Ademais, instalaranse columnas de semáforos temporais para reducir o tempo de paso.

A partires das 08.00 horas do xoves 31, os cambios na circulación tamén afectarán á rúa Manuel Murguía --desde o cruzamento con Almirante Cadarso--, na que se cortarán desde o cruzamento os dous carrís no sentido entrada, cara ao Paseo Marítimo, e un dos sentido saída, o máis próximo ao recinto. Ao igual que na avenida da Habana, suprimirase o estacionamento para facilitar a circulación na zona e instalaranse columnas de semáforos temporais para diminuír o tempo de paso na vía. En Manuel Murguía eliminarase tamén o xiro á esquerda de Almirante Lángara e manterase o acceso á rúa Pedro Ferrer, así como ao estacionamento da Casa da Auga.

Liñas de autobús

A instalación do perímetro de seguridade para a realización das obras de rehabilitación da cuberta de Riazor e a transformación da avenida da Habana e de Manuel Murguía como vías dun único sentido de circulación tamén afectará ao servizo de transporte público urbano, en concreto, ás liñas 3, 3A e 7.

Así, desde mañá, os autobuses das liñas 3 e 3A, desde a praza de Portugal, pasarán a circular polo Paseo Marítimo até as Escravas, continuando por Manuel Murguía para incorporarse ao seu itinerario habitual en Paseo de Ronda-Almirante Lángara. Neste itinerario alternativo, as paradas provisionais situaranse no Playa Club e Manuel Murguía-Esclavas. Pola súa banda, a liña 7 circulará, desde Gregorio Hernández, pola avenida da Habana até a avenida de Bos Aires. Neste percorrido terá as paradas provisionais na avenida da Habana, 25 e tamén na avenida da Habana-Pérez Lugín. De seguido, retomará o seu itinerario habitual na avenida de Bos Aires, para continuar cara a praza de Pontevedra.  

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?