Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de novembro de 2016

O Concello obtén do SIEP a cesión de uso, gratuíta e temporal, do antigo cárcere provincial para poder destinar o inmoble a usos sociocomunitarios e actividades culturais

A proposta de convenio que será validada pola Xunta de Goberno Local establece un prazo de vixencia de dous anos, prorrogable de forma anual, e fixa unha contribución económica de ata 150.000 euros de cada unha das partes para as obras de conservación e mantemento esenciais

O Concello vén de acadar un acordo coa Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios SA, SIEP, -dependente do Ministerio do Interior-, para obter a cesión do dereito de uso de solo da parcela na que se ubica o antigo cárcere provincial de xeito "gratuíto e temporal", co obxecto de poder destinar o inmoble, así como as edificiacións integradas, a "usos sociocomunitarios e á realización de actividades culturais". Tal e como queda explicitado na proposta de convenio, que será levada a Xunta de Goberno Local esta semana para a súa validación, o acordo responde á petición que promoveu o Goberno local para poder dispoñer temporalmente o uso do inmoble penitenciario da zona da Torre, "a fin de parar o proceso de deterioro do inmoble e posibilitar o uso e goce do mesmo por parte da cidadanía da Coruña".

"O que queremos é liberar o cárcere para o uso cidadán, e comezaremos, grazas a este convenio,  cunha intervención para frear o seu deterioro, co obxectivo poder ir levando a este espazo eventos concretos e algunhas actividades de tipo cultural", adianta o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, quen fixa para "principios de ano" o momento en que o Concello poida facerse co uso das instalacións, unha vez que se produza a sinatura do protocolo. Nese momento poderán iniciarse as obras de conservación "esenciais", como son as dirixidas a garantir a estanqueidade do inmoble evitando filtracións, e que se realizarán, segundo avanza o responsable municipal, "coa previsión de que o inmoble acabe sendo, dunha ou doutra maneira, de titularidade municipal". Neste sentido, Varela sinala que o convenio ten unha vixencia de dous anos, que poderán ser prorrogados de forma anual, previa solicitude ao SIEP, ata a súa extinción, "cando recaia resolución xudicial firme que poña fin aos procedementos" abertos nesta materia. A este respecto, a proposta de acordo indica que, previo ao inicio do desenvolvemento das actividades fixadas no acordo, o ente municipal realizará sobre él e sobre as obras de "conservación, mantemento esenciais, que resulten necesarias para o desenvolvemento adecuado e seguro das actividades autorizadas polo SIEP", uns traballos para os que se establece un financiamento dun 50% por cada unha das dúas administracións, e aos que cada unha delas destinará ata 150.000 euros.  

O concelleiro de Rexeneración Urbana saudou hoxe a consecución deste acordo, "que nos permite comezar a actuar sobre este ben histórico, co obxectivo de poder poñelo a disposición de toda a veciñanza", e agradeceu o traballo desenvolvido pola asociación Proxecto Cárcere, da que salientou "a súa colaboración en todo o proceso", e igualmente a boa disposición do SIEP durante a negociación.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?