Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de xuño de 2019

O Concello presenta a programación do Orgullo 2019 da Coruña, que esta edición se centra na memoria e o activismo do colectivo LGTBQI e conmemora o 50° aniversario de Stonewall

A programación desenvolverase entre os días 27 e 29 de xuño e contará con música, obradoiros de danza e coñecemento corporal, representacións e música

A Concellería de Igualdade e Diversidade, dirixida por Rocío Fraga, conmemorará o 50° aniversario da revolta de Stonewall, en New York, cunha programación de actividades con motivo da festividade do Orgullo LGTBQI, que se celebrará entre os días 27 e 29 de xuño da cidade. A responsable municipal salientou que nesta edición o seu departamento decidiu centrar a programación da efeméride "na memoria histórica dun colectivo que segue a loitar polos seus dereitos, no activismo e no futuro". "Este 2019 toca recoñecer e poñer en valor a importancia histórica das activistas, persoas fundamentais na consecución de dereitos para o colectivo", comentou. "Apostamos por un Orgullo diverso, que vai máis alá da mera compoñente festiva e que se centra nunha programación transfeminista e interseccional", engadiu.

A programación arrincará cun faladoiro o día 27 de xuño, ás 18.00 horas, na Casa Museo Casares Quiroga no que, da man de Lola Ferreiro, e coa presentación de activistas de Les Coruña, abrirase un espazo de diálogo sobre o recoñecemento dos movementos sociais pola liberdade afectivo sexual na consecución de dereitos para as persoas LGTBQI. Ao remate do faladoiro, presentarase a performance A+A, de Ricardo Barreiro, un espectáculo cheo de humor que se centra na vida cotiá e nas relacións dentro do colectivo.

O venres 28 de xuño, día do Orgullo LGTBQI, terá lugar o xa tradicional evento festivo reivindicativo no Campo da Leña, que contará coa música do colectivo Venga Venga, de Tetas´ Van e MoreAmore DJ´s. A seguinte xornada, a do sábado 29 de xuño, terá o seu epicentro na praza de Azcárraga onde, ás 11.00 horas, terá lugar a presentación de 22 segundos, de Eva Mejuto, e Fóra do normal, de María Reimóndez. Ambos os dous libros serán presentados por integrantes de Queeruña, o Club Lectura LGTQI da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña. Estas presentacións darán paso, ás 13.00 horas, a unha sesión de contacontos Drag dirixida ás máis pequenas para, a continuación, pechar cunha sesión Vermú Orgullo. En paralelo, durante esa semana terán lugar no centro cívico da Cidade Vella os obradoiros de Cabaré Queer, a cargo de Yolanda Paz, e O meu corpo consciente, centrado na danza e que dirixirá Rut Balvís. Ambos obradoiros están abertos a participación de todas aquelas persoas que desexen aproximarse ao seu autocoñecemento e empoderamento por medio da práctica das artes escénicas.

Nos próximos días, o Concello publicitará a través da web de Igualdade (http://www.coruna.gal/igualdade/es/programas-y-actividades/orgullo-2019) información completa sobre horarios e actividades, así como o formulario de inscrición para os obradoiros.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?