Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de maio de 2018

A titular de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, confirmou a entrada da Policía Local ao recinto esta mañá, tras constatar que se atopaba baleiro logo de cumprirse o prazo de saída voluntaria das persoas ocupantes

O Concello recupera a posesión da Comandancia de Obras, ben de dominio público que acollerá un innovador equipamento municipal dirixido á mocidade

A administración local comunicou a recuperación tanto ao Goberno do Estado, para a necesaria sinatura da acta de replanteo, como á adxudicataria das obras, para o comezo das actuacións que derivarán na posta en marcha das futuras Naves do Metrosidero

A concelleira de Igualdade e Diversidade, coas competencias en Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, informou este mércores de que o Concello da Coruña recuperou nesta xornada a posesión dos terreos da antiga Comandancia de Obras, un ben de dominio público onde o executivo local proxecta impulsar, de forma participada, un innovador equipamento municipal centrado na mocidade. Segundo comentou a edil, seguindo o procedemento previsto e despois de cumprirse o prazo para a saída voluntaria, esta mañá a Policía Local entrou no recinto e constatou que as persoas ocupantes abandonaran o espazo.

Antes da entrada da Policía Local ao espazo, que se atopaba baleiro, os servizos de seguridade cidadá constataron a existencia de evidentes manifestacións de abandono do recinto por parte das persoas, até o de agora, ocupantes que, ademais, nos últimos tempos foran reducindo a súa actividade progresivamente, así como retirando enseres. 

Como indicou a titular de Seguridade Cidadá, os servizos xurídicos municipais confirmaron que se fixo valer a notificación emitida o pasado 27 de abril instando aos e ás ocupantes do recinto a abandonalo para que o Concello puidese recuperar a súa posesión e iniciar as obras que derivarán na creación dun novo equipamento público. A citada notificación, recordou a concelleira, foi recollida por dúas persoas que se declararon usuarias do espazo. "Á marxe da notificación de recuperación posesoria do día 27, cuxo prazo xa expirou, posteriormente, o 10 de maio, realizouse unha publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) que tiña carácter complementario, para informar no caso de que existisen outras persoas interesadas a maiores dos e das ocupantes", dixo.

Nestas circunstancias, as obras de rehabilitación da Comandancia de Obras, necesarias para a posta en marcha do futuro proxecto das Naves do Metrosidero, poderán iniciarse de inmediato. Tanto o Goberno do Estado, para a sinatura da acta de replanteo, como a adxudicataria, para o comezo das obras, foron notificadas esta mañá. "O goberno local agarda dilixencia por ambas partes", manifestou.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?