Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2018

O Concello renova dúas bombas da EBAR de San Roque, “co que culmina as melloras acometidas o pasado ano para incrementar a eficiencia enerxética e o tratamento de augas residuais”

En pouco máis dun ano, o goberno local investiu case 350.000 euros en mudar as catro bombas da estación de bombeo, pola que pasan o 80% das augas residuais da cidade no camiño á depuradora de Bens

O Concello renovou este mes dúas das bombas da EBAR de San Roque, estación de bombeo pola que pasan o 80% das augas residuais da cidade camiño ao seu destino, na depuradora de Bens. Esta actuación complementa a acometida o pasado ano, cando o departamento de Medio Ambiente xa impulsou o cambio das outras dúas bombas principais da infraestrutura. "A renovación total do bombeado é fundamental para mellorar a eficiencia das instalacións. Non só conseguimos unha diminución no consumo eléctrico, senón que, ademais, damos un novo impulso no camiño do goberno local por conseguir o obxectivo do vertido cero", comenta a concelleira de Medio Ambiente, María García. Entre os 175.400 euros gastados nas melloras acometidas na EBAR en decembro do pasado ano e os 173.500  euros deste ano, o Concello leva investido en pouco máis dun exercicio case 350.000 euros nesta tarefa de mellora dunha infraestrutura de gran importancia na cidade. "Pola EBAR pasan as augas residuais de boa parte dos barrios da cidade, dende Monelos até a Torre de Hércules, pasando por Oza, A Cubela, ou o Ensanche, entre outros", explica a responsable municipal, que sinala "a importancia de mudar estas bombas que xa contaban cunha antigüidade de máis de 30 anos".

"A antigüidade das bombas coas que contaba a cidade supoñía riscos, xa que, se ben estes dispositivos contan con mantemento, estaban xa descatalogados, polo que unha avaría podería ser moi complicada de solventar", apunta, para evidenciar que, "ademais, as novas bombas, comportan unha redución dun 10% en canto ao gasto enerxético que producen".

"A renovación da EBAR de San Roque é unha peza máis do puzzle que levamos montando dende que chegamos ao goberno local e que está encamiñado a conseguir o obxectivo do vertido cero, así como a mellora das calidade das augas da cidade. Cunha EBAR máis eficiente, nos aseguramos de que o proceso de depuradora posterior na EDAR de Bens tamén o serán", di a concelleira García, que tamén chama a atención sobre os traballos de canalización que se levaron a cabo en toda a cidade neste mandato municipal, así como as actuacións encamiñadas a que as pluviais non pasen pola depuradora.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?