Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

8 de xaneiro de 2019

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia programa obradoiros, cinefórum, xogos e torneos de videoxogos para o mes de xaneiro

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, departamento impulsor da iniciativa, salienta que son os mozos e as mozas usuarias as que deciden as actividades de ocio alternativo a realizar

O punto de encontro para a mocidade no barrio da Sagrada Familia inicia as actividades deste ano cunha programación didáctica e de entretemento, que abordará temáticas como o cine, a xardinería, a modelaxe ou os videoxogos. "Trátase de actividades propostas pola propia mocidade usuaria do espazo, que fai del un espazo autónomo e no que os mozos e as mozas son os protagonistas na definición dun espazo de ocio alternativo", indica a concelleira Claudia Delso, responsable da Concellería de Participación e Innovación Democrática que puxo en marcha este proxecto piloto no ano 2017.

A programación arrincou con dúas propostas de ocio como son os xogos en grupo que se levaron a cabo o pasado día 4 e unha sesión de cine que se proxectou na tarde do día 5. Para esta semana está previsto iniciar as actividades coa asemblea que os mozos e as mozas usuarias  realizan habitualmente dous xoves ao mes e que consiste unha xuntanza na que se decide de maneira colectiva os obradoiros e outras accións que se realizan no espazo. A segunda das asembleas terá lugar o xoves 24. O venres 11 haberá un obradoiro sobre xardinería e o sábado 12 un encontro no que realizar tatuaxes de henna, actividade que se repetirá tamén o sábado día 26. Na seguinte semana, o venres 18, haberá un taller sobre modelaxe e, por último, os rapaces e as rapazas poderán medir as súas habilidades cos videoxogos nun torneo de XBOX.

O centro, que está localizado no cuarto andar do centro social da Sagrada Familia, "naceu dunha necesidade do barrio, da carencia de espazos e proxectos para a xente moza, e converteuse en poucos meses nun punto de encontro e referencia para varios colectivos", explica Delso. O espazo, no que hai persoal de acompañamento para facilitar a realización das actividades, abre durante as tarde de martes a domingo, en horario de 17.00 a 21.00 horas, mentres que os venres e sábados, días nos que se desenvolven os obradoiros, conta cun horario de apertura ampliado ata as 23.00 horas.

Para máis información sobre o punto de encontro da mocidade na Sagrada Familia, pódese visitar o web municipal http://www.coruna.gal/participacion/gl/mocidade/mocidade-sf

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?