Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

30 de octubre de 2018

O goberno local acorda con veciñanza e colectivos dentro da Mesa da Cidade Vella os criterios que rexerán o proceso de reordenación de terrazas, que terán en conta o especial valor patrimonial do ámbito

Na reunión, na que se fixo balance dos catro meses transcorridos dende a peonalización da Cidade Vella, o executivo municipal tamén deu conta das novas actuacións previstas en Maestranza, entorno da Fundación Luís Seoane e nas rúas Nosa Señora do Rosario, Damas e Cortaduría

O Pazo de María Pita acolleu esta mañá a reunión da Mesa da Cidade Vella, un espazo de traballo participado, conformado polo goberno local e os principais axentes implicados na revitalización e dinamización do barrio, entre os que se atopa veciñanza, representantes das e dos comerciantes e centro cívico, así como as comunidades escolares, culturais, relixiosas e militares da contorna. A xuntanza, que contou coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, os concelleiros de Rexeneración Urbana e Mobilidade Sostible, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, e as titulares de Participación e Seguridade Cidadá, Claudia Delso e Rocío Fraga, serviu para consensuar os criterios que rexerán a proposta de ordenación para as terrazas deste ámbito, un procedemento anunciado logo da peonalización que se fixo efectiva o pasado mes de xuño. "Ademais de facer balance de todos estes meses, dende que a Cidade Vella quedou libre de coches tamén acordamos que o proceso de regulación das terrazas será similar ao que xa se aplicou na zona de Pepri, que ten como principios claves a seguridade e a accesibilidade", comentou o edil Díaz Grandío, que manifestou que "no caso do casco histórico, non obstante, hai que ter en conta outras cuestións como a protección dos valores patrimoniais, as peculiaridades topográficas do barrio e a necesidade de preservar o carácter público de elementos do mobiliario urbano".

"Cando procedemos á ordenación singular das terrazas da zona Pepri fixémolo tendo en conta tres supostos de actuación como son garantir o tránsito peonil, o paso e acceso dos vehículos de emerxencia e outorgar seguridade xurídica aos e ás hostaleiras sobre a súa instalación. Estes son os principios que rexerán a ordenación singular para a Cidade Vella pero, ademais, aquí temos que ter especialmente a protección de todos os bens e espazos catalogados, así como dos equipamentos culturais, educativos e institucionais", aclarou.

No marco desta xuntanza, o concelleiro Varela tamén dou conta das actuacións en materia de rehabilitación que o goberno local ten pensando acometer neste ámbito e entre as que se atopa "a segunda fase na Maestranza (onde xa se acometeu a repavimentación da lousa de pedra entre Isabel Zendal e Julio Portela Ceballos), así como intervencións no entorno da Luís Seoane e as rúas Nosa Señora do Rosario, Damas e Cortaduría". O responsable municipal incidiu en que estas actuacións están "encamiñadas á revitalización da Cidade Vella". As mesmas enmárcanse dentro das liñas de operación contidas no proxecto EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (antes POCS).

Por outro lado, a responsable de Seguridade Cidadá puxo en valor o traballo realizado pola Policía Local ao longo destes meses, logo da peonalización da Cidade Vella. "Neste momento a peonalización xa está interiorizada, é certo que durante o verán houbo que facer un maior traballo de concienciación xa que, por exemplo, a maioría das sancións se produciron durante o mes de xullo e no entorno de Maestranza, Oceanográfico e Campo da Estrada", comentou a concelleira Fraga.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?