Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2017

A responsable municipal salienta que “este expediente, que foi levado dunha forma exemplar, igual que o resto, está a total disposición do resto de grupos da Corporación”

O goberno local fai pública a resolución da convocatoria para a cesión de usos de espazos no antigo cárcere provincial destinados ao desenvolvemento de proxectos de dinamización sociocultural

A concelleira de Participación, Claudia Delso, destacou “a transparencia e exemplaridade de todo este proceso, cuxas bases e resolución foron fiscalizadas polo departamento municipal de Intervención, a pesar de non ser un trámite necesario por tratarse dunha convocatoria pública quen non tiña contía económica asociada”

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, anunciou esta mañá a resolución do procedemento administrativo aberto para adxudicar, mediante concorrencia competitiva, a cesión de espazos do antigo cárcere provincial da Coruña, co obxectivo de desenvolver nos mesmos proxectos de dinamización cultural e sociocultural. "Desta forma, damos xa por pechado o procedemento administrativo que estaba en marcha", destacou a responsable municipal, que incidiu en que a decisión do comité de avaliación, integrado por técnicos municipais dos departamentos de Participación, Culturas e Rexeneración Democrática, estaba proposta xa dende o pasado 3 de agosto. "Tras ese ditame, o único que restaba era a resolución do expediente, como vimos de facer", engadiu a edil, que quixo facer fincapé "na transparencia e exemplaridade de todo este proceso".

"Estamos ante un procedemento que foi levado a cabo de xeito totalmente impecable. Tanto as bases da convocatoria, como a resolución da mesma, foron fiscalizadas pola Intervención do Concello, aínda a pesar de que non era un trámite necesario ao tratarse dunha convocatoria que non ten asociada unha contía económica", comentou a titular de Participación.

"O expediente completo está a disposición dos grupos da corporación municipal", subliñou Delso, quen informou que, "debido ao inusitado interese que parece suscitar este expediente, que non ten aparellada ningunha contía económica, ademais de ser publicitado na propia páxina web do concello, como esixen as bases, tamén será publicado no Boletin Oficial da Provincia (BOP)". "A convocatoria pública xa foi publicitada ao máximo, tanto mediante nota de prensa, como na web municipal, e no propio boletín provincial. Faremos o mesmo coa resolución do expediente", evidenciou a concelleira, quen recordou que incluso "chegaron a realizarse charlas informativas, ás que acudiron máis dunha vintena de entidades, de cara a fomentar a participación no proceso aberto de concorrencia competitiva".

Documentos:

Expediente da cesión de usos de espazos no antigo cárcere provincial (7 MB)

expediente.pdf (7 MB)

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?