Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2019

O goberno local inicia os traballos de repavimentación da rúa Atocha Alta, unha acción que mellorará a seguridade e mobilidade peonil no barrio de Monte Alto

A actuación, á que se destinarán máis de 47.000 euros, é unha das propostas de investimento escollidas pola cidadanía no proceso de Orzamentos Participativos

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda iniciou esta mañá as actuacións vinculadas á completar a pavimentación da rúa Atocha Alta até a súa intersección coa rúa da Torre. A obra, que se desenvolverá ao longo de tres meses, responde a unha das medidas escollidas pola cidadanía no marco do proceso de Orzamentos Participativos 2017 para o Distrito 10 e que se denomina Ni una calle sin acera.

A intervención, á que se destinarán 47.795 euros, consistirá na reurbanización da rúa, para que Atocha Alta  poida contar con calzada única, compartida por peóns e vehículos, e pasar a ser de preferencia peonil, "o que permitirá mellorar as condicións de seguridade e de accesibilidade nunha das principais vías de acceso á rúa Torre desde As Atochas", segundo explica o edil Xiao Varela. "Estamos a falar dunha actuación demandada tanto nos Orzamentos Participativos como pola propia veciñanza do barrio, unha mellora que se une ás actuacións recentes de reurbanización na rúa da Torre ou Marola e que mellorarán a calidade de vida da cidadanía", apunta o concelleiro. Ao fío, o edil sinala que  a elección desta vía para a primeira intervención no barrio que segue á obra na rúa da Torre "obedece á multiplicación dos efectos positivos de conectar en rede os espazos cuxa renovación facilita os traxectos peonís". Así, esta obra servirá para conectar a recente renovación da rúa da Torre coa praza Cántigas da Terra, creada anos atrás, "pero que quedaba en condicións de illamento que dificultaba a súa inserción nos restantes espazos públicos e a vida do barrio", explica Varela.

Seguindo este obxectivo, o ancho de toda a vía executarase co mesmo pavimento que existe actualmente na praza Cántigas da Terra, e que se trata dunha loseta de formigón con acabado liso e cor cinza, e que se colocará da mesma forma e orientación que xa teñen nesa praza. Ademais, tal e como é habitual neste tipo de intervencións, a Concellería de Rexeneración Urbana aproveitará a actuación para realizar outros traballos de mellora e renovación no espazo público, como a renovación da rede de pluviais ou reposicións e axustes do mobiliario urbano.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?