Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2018

Os novos puntos de recollida, situados en zonas especialmente transitadas, responden a demandas veciñais chegadas a través dos Orzamentos Participativos do pasado exercicio

O goberno local instala 23 novos contedores da rede municipal de recollida de aceite doméstico, que superou nos oito primeiros meses do ano as cifras de residuos recadados de todo o 2017, con máis de 47.495 kg

A concelleira María García valora positivamente a implicación da cidadanía coa separación en orixe, “que xa cuadriplica os datos do 2016”, ano no que se iniciou a implantación deste sistema nos barrios

A Coruña conta, desde esta semana, con 23 novos contedores para a recollida de aceite doméstico en distintos barrios da cidade. A instalación vén derivada dunha das propostas veciñais gañadoras da pasada edición dos Orzamentos Participativos, o que amplía así até un total de 45 colectores, situados en distintos puntos do termo municipal. Tal e como expón a concelleira de Medio Ambiente, María García, o goberno local iniciou en 2016 a instalación de 20 contedores, que se ampliaron no 2017 con outros 22, "ao detectar que existía unha necesidade na cidade neste sentido, xa que a rede municipal só contaba con dous espazos fixos de recollida situados nos puntos limpos de Eirís e Os Rosales, até os que se tiña que desprazar a veciñanza para realizar unha separación en orixe efectiva". "Este aumento progresivo do número de contedores nas proximidades de todos os centros cívicos, mercados municipais e outros espazos de interese veu acompañado tamén dun grande incremento da sensibilización veciñal coa recollida de aceite doméstico, que se cuadriplicou en só tres anos", salienta García.

Así, a rede municipal de recollida de aceite doméstico recadou, só entre os meses de xaneiro a agosto deste ano, un total de 47.496 kg, o que supera en máis de 4.000 kg o total de residuos desta clase recollidos no 2017 --43.916,2 kg--, e cuadriplica a cifra de 2016, que non chega aos 11.000 kg. "É unha nova moi positiva para este Concello ver a implicación e a sensibilización veciñal respecto a este material, un dos produtos que máis contaminan o medio mariño, en especial nunha cidade rodeada de mar como é A Coruña", afirma García. "As cifras tamén referendan a aposta desde executivo polos programas municipais de xestión de residuos vinculados á economía social e o fomento do emprego verde", apunta a edil, quen lembra que o Concello conta, no caso da recollida de aceite, coa colaboración do colectivo Mulleres Colleiteiras.

Os 23 novos contedores, que son accesibles deste onte, están situados "en puntos moi demandados pola veciñanza ou en zonas moi transitadas e de especial incidencia", segundo expón a concelleira. Así, as novas unidades localízanse na Praza Parque --cruzamento de Orillamar con Santo Tomás--, Verea do Polvorín, Zalaeta, Praza de Pontevedra, Médico Durán, Praza do Libro, Ramón de la Sagra, Catro Camiños, Ramón Cabanillas, Marqués de Figueroa --fronte á Estación de Ferrocarril--, Monforte --xunto aos xulgados--, Antonio Insua Rivas, Birloque, Mercede, avenida Fisterra --entre os números 187-195--, Alcalde Salorio Suárez, avenida de Montserrat, Orzán, Peruleiro, avenida Novo Mesoiro, Fragas do Eume e, por último, na avenida de Monelos, na que se instalarán dous novos contedores --tanto no cruzamento con Javier López López como á altura dos números 47 e 49--.  

A titular da área de Medio Ambiente manifestou, por último, a súa confianza en que a instalación destes colectores "dea resposta ás demandas da veciñanza e permita seguir aumentando, progresivamente, a cantidade de aceite doméstico recollido no termo municipal".

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?