Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

22 de decembro de 2016

O Goberno local saúda que as e os peregrinos que viaxen desde A Coruña reciban a 'compostela', "unha medida que impulsará o Camiño Inglés e promocionará a cidade"

Xulio Ferreiro, quen entregou ao Cabildo de Santiago documentación que xustificaba a relevancia histórica do porto coruñés para o Camiño, salienta “o recoñecemento por unha aposta estratéxica deste Executivo a nivel de promoción da cidade” así como “o fondo traballo” realizado pola área de Turismo nos últimos meses, “que suporá unha importante proxección económica e social”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, saudou esta tarde a decisión do Cabildo de Santiago de outorgar a acreditación denominada compostela a todas aquelas peregrinas e peregrinos que realicen o Camiño Inglés desde a cidade até Santiago. A resolución da entidade eclesiástica vén referendada por "unha xustificación histórica e de peso", sinalou o primeiro edil, que sitúa ao porto coruñés "como o principal punto de entrada de peregrinos, a través do mar, desde o século XIV". Así, aínda que non se cumpran por motivos xeográficos os tradicionais 100 quilómetros de camiño requiridos para obter esta acreditación, todas aquelas peregrinas e peregrinos que realicen o Camiño de Santiago desde A Coruña recibirán, a súa chegada á capital de Galicia, a distinción. "Esta concesión supón un impulso fundamental á promoción do Camiño Inglés, unha liña estratéxica que o Goberno local vén desenvolvendo nesta lexislatura con numerosas iniciativas e actuacións, como Navega o Camiño ou a celebración do primeiro encontro internacional de asociacións internacionais de amigos do Camiño, e que hoxe, tras un fondo traballo de moitos meses, é unha realidade", afirmou o alcalde.

"Este recoñecemento á labor realizada pola área de Turismo --que dirixe o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema-- referenda os pasos dados ata agora polo Concello e por este Executivo, quen apostou decididamente por impulsar e promocionar A Coruña como parte fundamental do Camiño Inglés", explicou Ferreiro. "A decisión, sen dúbida, será moi beneficiosa tanto para o turismo coruñés como para o de Santiago de Compostela, xa que porá en valor non só o territorio, senón que xerará un importante fluxo de viaxeiras e viaxeiros entre ambas cidades e, polo tanto, contribuirá a súa proxección turística e económica, tanto a nivel estatal como internacional", sinalou o alcalde quen, o pasado 13 de decembro, entregou ao deán da catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, un informe elaborado polo Consorcio de Turismo da Coruña, sobre a importancia da cidade no Camiño Inglés. Con este documento, o Goberno local solicitaba ao Cabildo que os e as peregrinas que fixesen esta ruta até Santiago puidesen tamén conseguir a compostela.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?