Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

9 de novembro de 2018

O goberno local traballa na creación dunha fundación liderada polo sector público para impulsar un centro de arte contemporánea que colla o relevo e dea continuidade ao MAC

Segundo a iniciativa municipal, ademais de contar con empresas e fundacións da cidade, neste ente participarían as catro administracións públicas que xa amosaron a súa disposición, o Ministerio de Cultura, a Xunta e a Deputación, ademais do Concello, que xa prevé un compromiso económico suficiente no seu proxecto orzamentario

O Concello traballa na creación dunha fundación para que a cidade da Coruña conte cun centro de arte contemporánea, tal e como se lle expuxo a Naturgy nos contactos mantidos dende o pasado mes. Dende que se fixo pública a intención da Fundación Naturgy de pechar o MAC, o goberno local comezou a manter os contactos precisos e a trasladar a diferentes administracións públicas, empresas e fundacións privadas da cidade a súa intención de impulsar a creación dunha fundación de liderado público, que o Concello estaría disposto a encabezar, tamén no plano financeiro, para o que xa conta no seu proxecto orzamentario cunha reserva de crédito suficiente. "Cremos que é preciso manter un espazo para a arte e o pensamento contemporáneos na cidade e estamos en disposición de tecer un proxecto viable sempre que o resto de administracións contactadas, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura e a Deputación provincial, confirmen o compromiso que xa manifestaron para crear esta fundación", indica o responsable municipal de Culturas, José Manuel Sande, "e sempre que Naturgy o facilite, cuestión que están a estudar os seus responsables dende a semana pasada".  

O pasado 31 de outubro o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo unha xuntanza co delegado de Naturgy en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, e co director xeral da Fundación Naturgy, Martí Solà, na que o rexedor xa lles trasladou a proposta do goberno local --que contaba co apoio tanto das administracións públicas como de varias entidades privadas-- para abrir unha nova etapa no edificio no que se atopa o MAC, e contando coa experiencia acumulada por este museo e coa súa colección, co obxectivo que a cidade poida seguir contando "cun centro de arte contemporánea de referencia, e toda a actividade museística, cultural e didáctica vinculada ao mesmo, no termo municipal".

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?