Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2015

O IMCE suspende a Feira Taurina por razón de interese público

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, explica que rescindir o contrato coa empresa promotora lle vai saír máis barato á cidade que manter esta actividade

O IMCE vén de iniciar o expediente de extinción anticipada do contrato e suspensión da Feira Taurina da Coruña por razón de interese público. Nos vindeiros días, o Concello da Coruña procurará alcanzar coa empresa promotora (á que pola tarde se lle notificou a resolución e ten dez días para presentar alegacións) un acordo sobre a indemnización que proceda. O Goberno local, cumpre, deste xeito, un das súas promesas electorais de campaña, que pasaba por non ceder espazos públicos nin financiar espectáculos nos que se maltrate animais.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou este luns ante os medios de comunicación que, neste tema, como no resto, o Concello actuará sempre “en función do interese común”. O rexedor recordou que hai publicadas enquisas que aseguran que a maioría da cidadanía coruñesa está en contra da Feira Taurina. “Pero esa percepción non a din só as sondaxes, tamén a escasa afluencia que ten a feira nos últimos anos, cun aforo sempre por debaixo do razoable”, dixo.

Ferreiro explicou, que ademais de tratarse dunha promesa electoral do grupo de Goberno, o Concello sostén que “rescindir o contrario lle vai saír máis barato á Coruña que manter este festexo”. “Cremos que hai causas de interese xeral, incluídas nunha cláusula, que apoian a nosa decisión de rescindir o contrato coa empresa”, engadiu.

“Non temos capacidade para prohibir esta actividade, se se fai de forma privada, pero si temos capacidade para ceder ou non o Coliseum para que acolla este tipo de espectáculos”, explicou o alcalde coruñés, que lembrou como “o ano pasado había máis xente manifestándose en contra das touradas que como público nas mesmas”. “Os cálculos son diversos, pero pensamos que para o Concello a Feira Taurina supón un desembolso aproximado duns 60.000 euros; dos que esperamos aforrar 50.000”, indicou.


  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?