Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2017

O Kiosco Alfonso inaugura a mostra ‘Miguelanxo Prado. 2003-2016’, "unha obra que é ao tempo universal e cercana e que mantén a súa pegada coruñesa, galega e atlántica"

O alcalde, acompañado do concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, participou na inauguración da exposición

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, participan no acto de apertura da exposición, que recolle a obra máis coñecida do autor nos últimos anos e que se poderá visitar até o 1 de maio

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participaron esta tarde (20.00 horas) na Sala Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso, na inauguración da exposición Miguelanxo Prado. 2003-2016, unha selección dos traballos realizados nos últimos 14 anos polo recoñecido debuxante coruñés e director do Salón Internacional Viñetas desde o Atlántico, tamén presente no acto. "Traer a obra de Miguelanxo Prado ao Kiosco Alfonso é un pouco como devolvela á casa", sinalou o rexedor, en alusión á primeira mostra sobre a obra do autor, un compendio dos seus principais traballos entre 1993 e 2003, ou ao Salón do Cómic, que ten no Kiosco Alfonso unha das súas principais sedes. Na súa intervención, o rexedor salientou a "a pegada coruñesa, galega e atlántica que o autor deixa sempre na súa obra, xa sexa a través de imaxes, de lugares, do idioma ou mesmo de evocacións fantásticas". "É a un tempo unha obra universal e cercana", observou, para destacar o papel de Prado "como autor de ampla proxección, traxectoria e que é referente para as novas xeracións de creadores e creadoras". Tamén, Ferreiro aludiu á "boa saúde" deste sector creativo na cidade, "tanto pola nómina de autores de autoras como pola súa ampla actividade". Neste sentido, reafirmou o compromiso do Goberno local coa creación vinculada á ilustración e á banda deseñada, "como manifestación da excelencia cultural que forma parte da identidade desta cidade", e citou accións como a edición, o pasado ano, de Coruña Gráfica, a primeira guía profesional de creadores e creadoras locais de banda deseñada, así como a exposición vinculada a esta publicación que promoveu o Concello, ademais do propio impulso ao Viñetas desde o Atlántico.

Na exhibición, que permanecerá aberta até o 1 de maio, o público poderá achegarse a obra de Prado a través de traballos seleccionados para a ocasión polo propio autor, como De Profundis, a longametraxe de animación creada polo debuxante con música de Nani García, e interpretada pola orquestra Sinfónica de Galicia; ou a novela gráfica Ardalén, que recibiu numerosos premios internacionais. Na exposición 2003-2016 tamén será posible ver algunhas representacións de obras como Nostalxia de Belo Horizonte, A lingua das bolboretas ou mesmo das que formaron parte da exposición itinerante Miguel EN Cervantes, na que o coruñés foi o responsable da biografía ilustrada do autor de Don Quixote, e que acolleu o pasado verán o Pazo de María Pita. Das paredes do Kiosco Alfonso tamén pendurarán páxinas do seu traballo en banda deseñada, como Presas fáciles ou A mansión dos Pampín, e os coñecidos Tanxencias ou Quotidianías delirantes.

A colección, que se poderá visitar todos os días, en horario de de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, supón a continuación da mostra 1993-2003, celebrada con anterioridade no mesmo recinto municipal, e na que se puideron atopar exemplos de obras recoñecidas do impulsor do salón do cómic coruñés, como Trazo de Tiza, Toca Madeira ou O xabaril branco.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?