Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2018

O Laboratorio Cidadán da Coruña refrenda a súa continuidade e busca ampliar a participación da veciñanza para “deseñar accións que melloren a calidade de vida”

Medio centenar de persoas participan no Espazo Aberto, organizado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática, para comezar a deseñar os obxectivos do Co-lab para este ano

As actividades do Co-Lab, o Laboratorio Cidadán da Coruña, continuarán este ano e volverán buscar a colaboración da veciñanza da cidade, como refrendaron o medio centenar de persoas que participaron esta mañá de hoxe no encontro aberto Co-Lab: Como seguimos construíndo o noso laboratorio cidadán? A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, destacou a importancia de "construír de xeito colectivo en proxectos como o Co-Lab, que contribúen a que a administración faga procesos máis horizontais nos que incorpore a voz e ás intelixencias da cidadanía e dos colectivos". Tamén participaron no encontro persoas representantes dos seis proxectos que se desenvolveron ata o momento: Gabinete de imaxinación política, Soidade, Oasis Monte Alto, Particip-Agra, Co urbanismo nos talóns e Cousateca.

O Co-Lab é un laboratorio deseñado para mellorar a cidade, propoñendo solucións a problemas concretos detectados pola mesma veciñanza. Así, encontros e eventos como estes son fundamentais para empezar a coñecer algunhas das temáticas que pódense concretar en proxectos a desenvolver baixo o paraugas do Co-Lab.

En palabras da Concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, "o Co-Lab é un instrumento relevante para a cidade, xa que pon en marcha accións e proxectos de mellora da calidade de vida da xente en base a deseños da propia xente. Os laboratorios cidadáns, presentes en moitas cidades de Europa e do mundo, marcan o camiño para o desenvolvemento de políticas públicas realmente participativas e coincidentes coas necesidades da veciñanza. E A Coruña, co apoio que se está a dar ao Co-Lab desde o Concello, é hoxe un referente a nivel estatal de este novo xeito de facer política".

No Espazo Aberto de hoxe púxose en común a vontade colectiva das persoas participantes de seguir adiante na construción do Laboratorio Cidadán da Coruña, así como as necesidade de seguir contando co apoio da institución, de chegar a un maior número de veciños e veciñas (principalmente as que están nunha posición de maior exclusión) e de profundizar nun modelo que avance na autonomía deste espazo de participación.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?