Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2017

O Pleno aproba o ditame da comisión de Facenda que dá luz verde a un proxecto orzamentario “no que o Goberno local tivo que afrontar unha rebaixa de 7,3 millóns”

Imaxe do Pleno municipal

Imaxe do Pleno municipal

O ditame da comisión sobre as reclamacións ao proxecto do Executivo municipal contou co voto favorable do PSOE e as abstencións do grupo de Goberno, BNG e PP

O Pleno do Concello da Coruña deu este luns luz verde ao ditame da comisión de Facenda sobre as reclamacións ao proxecto de Orzamentos do Goberno local, de maneira que as contas municipais para este ano quedaron aprobadas de forma definitiva, aínda que cunha rebaixa de 7,3 millóns de euros con respecto ao proxecto proposto polo grupo de Goberno, que xa foi sometido a unha cuestión de confianza. En concreto, os 7,3 millóns de euros de variación no estado de gastos contén un recorte de ingresos de 5,6 millóns de euros (dos que 4 millóns proceden de anular a previsión dos dividendos de Emalcsa e 1,6 millóns atenden á redución das previsións de ingresos de varios tributos). Ademais, entre as reclamacións aprobadas no ditame figura tamén outra que contabiliza un incremento da previsión de gasto de máis de 1,6 millóns correspondente ao pago de facturas relacionadas co transporte público.

O ditame da comisión sobre as reclamacións ao proxecto do Executivo municipal contou co voto favorable do PSOE, e as abstencións do grupo de Goberno, BNG e PP. O alcalde, Xulio Ferreiro, destacou que "o grupo de Goberno non faltou á súa palabra" e posibilitou aprobar un proxecto con reclamacións, mantendo o mesmo sentido do voto que na comisión de Facenda, "aínda a pesar de que votando en contra teríase aprobado o proxecto orzamentario do grupo de Goberno sen cambios". O rexedor indicou que a determinación do grupo amosaba "a disposición do grupo de Goberno de chegar a entendementos".

A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, salientou que, a pesar das baixas que o Goberno local tivo que introducir, o Executivo municipal "aplicará os proxectos para os que estes orzamentos constitúen o instrumento fundamental". "Faremos efectivo o dereito á vivenda, mellorar a calidade do espazo público que é de todos e todas, e garantir o dereito ao emprego e a unha economía para as persoas, así como a unha vida digna que ten como obxectivo a xustiza social, poñendo as bases para a implantación dunha área metropolitana", subliñou.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa