Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

10 de outubro de 2016

O Pleno aproba por unanimidade o procedemento para declarar as Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local

Pleno Municipal da Coruña

O Pleno municipal deu esta tarde luz verde, por unanimidade, ao inicio do procedemento para declarar as Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local (ENIL)

A Cámara deu luz verde, do mesmo xeito, a aprobación inicial da ordenanza fiscal de contribucións especiais para a ampliación do servizo de extinción de incendios, que poderá financiar diversas melloras cunha cantide global de algo máis dun millón de euros

O Pleno municipal deu esta tarde luz verde, por unanimidade, ao inicio do procedemento para declarar as Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), así como impulsar o plan de conservación e uso deste espazo natural, no que xa traballa a Concellería de Medio Ambiente, tendo en conta que a aprobación do mesmo por parte da Xunta de Galicia é condición necesaria para obter a citada cualificación de protección. A concelleira do ramo, María García, indicou o seu desexo de "culminar xa este procedemento para poder iniciar a declaración de especial protección doutros espazos naturais de grandísimo valor dentro do termo municipal, como é o caso de Punta Herminia, zona sobre a que xa se traballa para conseguir tamén a declaración de ENIL". A responsable minicipal indicou que as novas actuacións se impulsarán en base ao mapa de biodiversidade da cidade. "Non estamos ante unha iniciativa illada, xa que estamos a desenvolver numerosas actuación en defensa da biodiversidade nesta cidade e de protección do noso patrimonio", salientou.

Para que o Goberno local puidese iniciar o procedemento para solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio á declaración da zona como ENIL era necesario o acordo da Corporación Municipal para indicar que existirá un "compromiso formal" de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan esta declaracións. Aínda que non é un trámite obrigatorio, García recordou que a súa área de Goberno xa leva tempo traballando no borrador do Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local das Illas de San Pedro, que xa foi sometido a informe previo por parte do servizo municipal de planeamento e xestión urbanística e pola dirección xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar da Xunta "coa finalidade de garantir o cumprimento de todos os prazos previstos". As consideracións de ambos os dous informes foron introducidas na redacción deste borrador e trasladadas de novo ao departamento autonómico, co fin de que este emita o seu informe definitivo. Desta forma, colocanse os bimbios para que o Concello poida recuperar a protección perdida deste espazo natural en 2011.

Por outro lado, o Pleno tamén deu o visto e prace, por unanimidade de todos os grupos, á aprobación inicial da ordenanza fiscal de contribucións especiais para a ampliación do servizo de extinción de incendios do Concello da Coruña. En base a isto, ese servizo poderá financiar os seus proxectos de mellora cunha cantidade global que sobrepasa o millón de euros.

A contribución especial é un ingreso tributario que, neste caso en particular, ten por obxecto o financiamento dos proxectos vinculados á ampliación do servizo de extinción de incendios. "Os proxectos a financiar son a adquisición de equipamento para o ximnasio, o sistema de mantemento de lavado e secado de traxes de intervención, sistemas de detección automática, ampliación da central de telecomunicacións e o sistema de videovixilancia, así como a adquisición de material de rescate e de equipos de protección individual, o suministro de instalación de hidrantes e a compra dunha embarcación e dun vehículo de altura", comentou a concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito. A responsable municipal explicou que "os suxeitos pasivos das contribucións especiais son as compañías de seguros que se desenvolven a súa actividade no termo municipal, xa que se entende que a ampliación do servizo de extinción de incendios tende a reducir a sinistralidade e o custe dos danos, o que beneficia ás entidades aseguradoras".

A contía máxima que se pode financiar con cargo as contribucións especiais é dun 90%, de xeito que o restante 10%, como mínimo, pode financiarse polo Concello a cargo de recursos propios ou de préstamos. O importe das contribucións especiais para 2016 vén determinado por unha porcentaxe (o 5%), sobre as primas de seguros recadadas polas compañías aseguradoras no exercicio anterior, polos conceptos de seguros de incendios e multirisco. A cantidade é recadada a través da Xestora de Concertos para a Contribución aos Servizos de Extinción de Incendios, que actúa en representación das compañías e coa que o Concello mantén en vigor un concerto de colaboración, asinado en 2012. Vieito comentou que "o importe de recadación por primas de seguros en 2015 foi de 899.834,46 euros, cantidade que é 30.665,54 euros menor á estimada en base aos importes de exercicios anteriores". Para compensar esa diferencia, o departamento de Seguridade Cidadá propuxo o reaxuste dun dos proxectos, en concreto o corresponende a equipos de protección individual. "Isto supón que nese proxecto en concreto varíen as porcentaxes de financiamento, aumentando a participación municipal dun 10% a un 12,05%, e reducíndose a contribución especial a un 87,95%", explicou. Deste xeito, a cantidade global de financiamento dos proxectos vinculados a ampliación do servicio de extinción de incendios ascende a algo máis dun millón de euros (1.003.223,35 euros) dos que 899.834,46 corresponden ás denominadas contribucións especiais, sendo o restante, algo máis de 100.000 euros, financiados polo Concello. Aparellado a isto, o Pleno deu luz verde a un expediente de declaración de non dispoñibilidade de créditos por valor dos 30.000 euros de diferencia entre o consignado e o recadado por contribucións especiais, "de forma que non se podan acordar respecto a ese crédito, autorizacións de gastos nin transferencias".

Por outro lado, tamén saíu adiante a aprobación inicial da modificación do orzamento do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para este ano por valor de 59.000 euros que irán destinados a reforzar a producción cultural deste órgano, ademais de dous modificacións orzamentarias máis. Unha, por valor de 68.000 euros, destinada a facer efectiva a achega do Concello ao Ministerio de Industria correspondente ao convenio red.es para o desenvolvemento de cidades intelixentes, e outra, por valor de 400.000 euros, para facer fronte a emendas do PSOE introducidas nos Orzamentos municipais de 2016, nomeadamente, por exemplo, a mellora dos museos científicos coa creación dun laboratorio.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?