Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

1 de xullo de 2019

O Teatro Colón programa o VI Festival Máis que Jazz con catro concertos para este mes de xullo

Bill Evans & The Spy Killers dará o pistoletazo de saída xunto a Wolfgang Haffner, un dos bateristas máis respectados no mundo do jazz, que participou en 400 álbums con artistas como Chaka Khan ou Al Jarreau

O Teatro Colón acollerá o mércores 3 de xullo ás 21.00 horas o primeiro concerto do ciclo que se desenvolverá ao longo do mes de xullo na cidade. O gañador dun Grammy Bill Evans actuará xunto coa súa banda The Spy Killers, composta por algúns dos músicos máis valorados na escena jazzística internacional. Saxofonista, cantante e produtor, Evans conta con máis de 25 álbums ás súas costas e é, sen dúbida, un dos grandes nomes do xénero. Fixo o seu debut con 21 anos e desde entón compartiu escenario con Mick Jagger, Herbie Hancock, John McLaughlin ou Miles Davis. Ao longo da súa traxectoria experimentou con todos os sons posibles do jazz e do rock. Agora, nunha madurez creativa e interpretativa incomparables, Evans regresa aos escenarios xunto a Wolfgang Haffner (batería), Simon Oslender (teclado) e Gray Grainger (baixo). 

Wolfgang Haffner é un dos bateristas máis respectados do mundo do jazz. Colaborou en máis de 400 álbums e gravou 16 en solitario, como líder. Tocou con artistas como Chaka Khan, Al Jarreau, Pat Metheny, The Brecker Brothers ou Ivan Lins, por citar a algúns dunha longa lista. 

O alemán Simon Oslender é o novo fenómeno do teclado, un asombroso prodixio de tan só 20 anos. En The Spy Killers destaca a súa complicidade con Evans e Haffner sobre o escenario. Pola súa banda, Gary Grainger é un auténtico mestre do groove. Un dos baixistas máis divertidos do planeta, cun estilo propio que descubriu tocando con John Scofield nos 80 e que converteu na súa marca persoal. Xuntos, non teñen límites musicais, xa sexa no soul, o funk ou cuns grooves doutra galaxia. 

O festival + QueJazz conta co apoio do Concello da Coruña, a través da Concellaría de Culturas, Cerveza 1906, Schwepes, Once, Agadic, Fundación Once, Conservatorio Superior de Música, Deputación da Coruña e Teatro Colón. 

Documentos:

MasQJazz2019-CARTEL.jpg (595 KB)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?