Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2017

Os ingresos derivados da anulación de multas da ORA reverterán nas arcas municipais, tal e como establece o informe do interventor

O Goberno local levará ao vindeiro Pleno ordinario, que terá lugar o luns, día 6, a modificación puntual da ordenanza da ORA para permitir a anulación de denuncias por estacionamento sen tícket ou por sobrepasar o tempo estipulado neste

O Goberno local levará ao Pleno ordinario de febreiro, que se celebrará o vindeiro luns, día 6, unha modificación da ordenanza da ORA para dar cobertura e seguridade xurídica aos cambios da ordenanza fiscal reguladora da taxa de estacionamento de vehículos en vía pública, que foi aprobada -esta última- na sesión plenaria de xaneiro sen que se validase despois a nova normativa da ORA, ao votar en contra o PP e o PSOE. O expediente que será trasladado ao próximo pleno superou este mércores o trámite da comisión informativa de Mobilidade con resultado favorable, despois de recibir o voto positivo do Goberno local e a abstención dos representantes do resto de grupos municipais. Deste xeito, a modificación na ordenanza que se someterá á sesión establece que o estacionamento en zona ORA de uso xeral -zona azul- sen o título habilitante específico que o autorice e, igualmente, o estacionamento por tempos superiores ao establecido no tícket "non terá a consideración de infracción e non provocará o inicio do procedemento sancionador (...) sempre que a persoa usuaria aboe a tarifa por estacionamento sen título ou a tarifa por exceso reguladas na ordenanza fiscal correspondente", tarifas, cuxo importe reverterá nas arcas municipais. Así consta nun informe do interventor municipal, asinado de forma electrónica o pasado luns, 30 de xaneiro, e onde se establece con claridade e sen marxe de dúbida que os ingresos pola anulación de denuncias serán para o Concello e non para a empresa concesionaria do servizo da ORA, en virtude do equilibrio económico do contrato.

O informe, que se centra exclusivamente en analizar esta cuestión e que esta mesma mañá foi exposto polo interventor no curso da comisión informativa, é o único que consta no expediente, e o seu criterio e argumentos son compartidos por todos os servizos municipais, tanto a Concellería de Mobilidade Sostibe como tamén a Asesoría Xurídica. "Nesta cuestión non existiu en ningún momento nin discrepancia nin diferencia de criterio", subliña a este respecto o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, quen salienta que non existe ningún informe, máis alá do encargado ao interventor municipal, no que se faga referencia ao destino da recadación derivada da anulación de denuncias.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?