Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2016

Os Museos Científicos convocan o XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

O prazo para presentación de propostas estará aberto ata o 13 de xaneiro e a fase final terá lugar na Domus en abril

Os Museos Científicos Coruñeses veñen de abrir a convocatoria do premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, un certame para profesorado e alumnado que chega este ano á súa décimo oitava edición, co obxectivo de fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Organizado en colaboración con Amigos da Casa das Ciencias, o premio recoñece aqueles traballos que se distinguen pola orixinalidade e rigor das investigacións e proxectos e que demostren sentido crítico, curiosidade e constancia, con premios que comprenden, ademáis de diversos aparellos tecnolóxicos (como IPads Air ou IPads mini), unha visita especial ao Aquarium Finisterrae para os e as premiadas na modalidade de Primaria, e a presentación dos traballos gañadores nas dúas modalidades na Feira Científica Galiciencia, que terá lugar en Ourense en novembro de 2017.

O prazo de inscrición para enviar propostas estará aberto ata próximo 13 de xaneiro. Posteriormente, os e as admitidas terán tres meses para desenvolver os seus traballos. A fase final, coa presentación de finalistas e entrega de premios, terá lugar na Domus o 29 de abril de 2017, e a ela concorrerán os tres mellores traballos seleccionados en cada unha das dúas modalidades posibles, a primera dedicada a proxectos de investigación científica realizados nas aulas de Educación Primaria, e a segunda, para alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato que desenvolva investigacións científicas.

Toda a información, así como as bases do premio, está dispoñible na web do Museos: http://www.mc2coruna.org/luis-freire/index.html.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?