Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ayuntamiento de A Coruña/Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2017

Programa municipal "Activa o deporte"

Cartel

O concelleiro José Manuel Sande salienta a necesidade de "establecer criterios que dean seguridade ás entidades á hora de organizar eventos e para conformar o programa municipal, en base á  solvencia técnica, económica e outros requisitos, fronte á discrecionalidade"

17 de marzo de 2017

Publícase a listaxe provisional, dos eventos, torneos e competicións deportivas solicitados ao programa Activa o deporte segundo os seguintes criterios:

  1. Infórmase dos eventos e das competición deportivas que están preseleccionados para formar parte do programa, salvo os indicados como: desestimados, non cumprir a convocatoria, non ter a documentación completa, ou ter xa unha subvención de asignación directa.
  2. Indícase que todos os eventos preseleccionados están en proceso de valoración e revisión económica. Procederase a chamar os representantes das entidades para concondar o orzamento e valorar a súa viabilidadade e polo tanto a súa estimación definitiva.
  3. Corrección: do 9 ao 14 de marzo. Por motivos organizativos ampliase o prazo de subsanación ata o 22 de marzo
  4. Os eventos, torneos e competicións presentados fóra de plazo, serán revisados unha vez finalizada esta convocatoria.
  5. Os cursos e outras actividades deportivas poderán ser presentados na convocatoria das campañas de primavera, verán e Nadal, segundo proceda por datas. Información en www.coruna.gal/deportes 

7 de marzo de 2017

Publícase a listaxe provisional, dos eventos, torneos e competicións deportivas solicitados ao programa Activa o deporte segundo os seguintes criterios:

  1. Infórmase dos eventos e das competición deportivas que están preseleccionados para formar parte do programa, salvo os indicados como: desestimados, non cumprir a convocatoria, non ter a documentación completa, ou ter xa unha subvención de asignación directa.
  2. Indícase que todos os eventos preseleccionados están en proceso de valoración e revisión económica. Procederase a chamar os representantes das entidades para concondar o orzamento e valorar a súa viabilidadade e polo tanto a súa estimación definitiva.
  3. Corrección: do 9 ao 14 de marzo.
  4. Os eventos, torneos e competicións presentados fóra de plazo, serán revisados unha vez finalizada esta convocatoria.
  5. Os cursos e outras actividades deportivas poderán ser presentados na convocatoria das campañas de primavera, verán e Nadal, segundo proceda por datas. Información en www.coruna.gal/deportes.

14 de decembro de 2016

O Concello pon en marcha o programa 'Activa o deporte', convocatoria dirixida a "organizar a relación co tecido deportivo da cidade"

1. Co obxecto de realizar unha previsión e de confeccionar un calendario para o programa municipal de eventos deportivos 2017, ábrese unha convocatoria para presentar propostas que poidan resultar axeitadas para o tecido asociativo deportivo.

2. A convocatoria está dirixida a asociacións, clubs, federacións e fundacións e demais entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente.

2.1. Quen solicite deberá ter sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.

3. Presentación de solicitudes:

3.1. As solicitudes poderanse presentar en liña na sede electrónica municipal, e nos rexistros municipais da Cidade Deportiva da Torre, no Polideportivo do Barrio das Flores e no Pazo dos Deportes de Riazor. 3.2. O prazo de solicitude será do 14 de decembro de 2016 ao 13 de xaneiro de 2017. 3.3. As listaxes provisionais, as datas de publicación das listaxes provisionais, o prazo de emenda e a publicación de listaxes definitivas serán anunciados na web, nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos e no 010.

4. A documentación que se achegará coa solicitude será un proxecto detallado do evento deportivo, no que se deberá indicar:

4.1. Identificación da entidade: nome, número de rexistro na Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia ou se é o caso no Rexistro Xeral de Asociacións, e número de inscrición do Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas. 4.2. Identicación das persoas responsables da proposta: nome, apelido, DNI, teléfonos, correo electrónico. 4.3. Identificación do equipo de traballo: nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto. 4.4. Nome do evento. 4.5. Antigüidade e historial do evento. 4.6. Certificado de oficialidade de evento federado. 4.7. Lugar: instalación deportiva municipal que se solicita, ou outro espazo público. 4.8. Datas e horarios en que terá lugar. 4.9. Ámbito de realización: local, provincial, autonómico, estatal ou internacional. 4.10. Modalidade deportiva e/ou especialidades deportivas e o regulamento do evento. 4.11. Caso de ser un circuíto urbano ou marítimo, farase unha descrición detallada do percorrido coas súas posibles alternativas. 4.12. Categorías: sexo, idades, para persoas con discapacidade, popular e/ou federada. 4.13. Sistema de inscrición e de participación estimada. 4.14. Premios e trofeos, lugar e horario estimado de entregas. 4.15. Outros datos do proxecto que poidan ser considerados de interese. 4.16. Memoria económica: orzamento detallado do evento en que se indiquen os gastos e os ingresos previstos para a actividade. 4.17. Declaración responsable de aceptar todas as condicións da presente convocatoria e que os datos que se achegaren son certos. Caso de o SMD detectar falsidade nos datos, a entidade perderá o dereito ao uso da instalación e deberá aboar a taxa que corresponder polo uso que se concedeu. 4.18. Declaración responsable de non ter un expediente sancionador en curso co Servizo Municipal de Deportes, coa Secretaria Xeral do Deporte ou coa federación que corresponder.

5. Os eventos deportivos que finalmente foren escollidos para conformaren o programa municipal, organizaranse segundo a lexislación vixente.

6. Criterios para seleccionar un evento para o programa municipal: máximo 100 puntos.

6.1. Solvencia técnica e económica do proxecto. Até 20 puntos.

6.1.1. Solvencia técnica relativa á cláusula 4.3: até 10 puntos, distribuídos do xeito seguinte en equipos de traballo. Todas as persoas deste equipo deben ter titulación deportiva acreditada e cando menos debe haber unha muller:

6.1.1.1. De 10 persoas ou máis: 10 puntos.6.1.1.2. De 6 a 9 persoas: 6 puntos. 6.1.1.3. Até 5 persoas: 3 punto.

6.1.2. Solvencia económica relativa á cláusula 4.16: até 10 puntos distribuídos do xeito seguinte.

6.1.2.1. Equilibrio entre ingreso e gasto: 10 puntos. 6.1.2.2. Déficit até 3.000 €: 5 puntos. 6.1.2.3. Déficit entre 3.001 e 18.000 €: 3 puntos. 6.1.2.4. Déficit superior a 18.001 €: 1 punto.

6.2. Presentación do proxecto segundo a distribución da cláusula 4: 5 puntos.6.3. Impacto e repercusión do proxecto sobre a promoción da cidade, accións publicitarias, imaxe e comunicación: até 5 puntos.

6.3.1. Publicidade a nivel local en medios de comunicación e redes: 1 punto 6.3.2. Publicidade a nivel local e autonómico en medios de comunicación e redes: 2 puntos 6.3.3. Publicidade a nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional, en medios de comunicación e redes: 5 puntos

6.4. Ámbito do evento: máximo 15 puntos.

6.4.1. Internacional: até 15 puntos, maior número de países participantes. 6.4.2. Estatal: até 10 puntos, maior número de autonomías participantes. 6.4.3. Autonómico: 2 puntos.6.4.4. Provincial ou local: 1 punto.

6.5. Historial e arraigo do evento: até 10 puntos.

6.5.1. Superior a 25 anos: 10 puntos. 6.5.2. Entre 15 e 24 anos: 8 puntos. 6.5.3. Entre 10 e 14 anos: 6 puntos. 6.5.4. Entre 5 e 9 anos: 4 puntos. 6.5.5. Menor de 5 anos: 1 punto.

6.6. Impacto e repercusión do proxecto sobre o fomento da práctica deportiva, distribuídos do xeito seguinte: máximo 45 puntos

6.6.1. Número de participantes a que se dirixe: até 10 puntos:

6.6.1.1. Até 500 participantes: 5 puntos. 6.6.1.2. Desde 501 en adiante: 10 puntos.

6.6.2. Categorías federada: 7 puntos. 6.6.3. Categoría popular: 5 puntos. 6.6.4. Participación femininas: 5 puntos .6.6.5. Participación de persoas con discapacidade: 5 puntos. 6.6.6. Participación feminina na xunta directiva, 5 puntos. 6.6.7. Nº Licenzas femeninas no club: 5 puntos. 6.6.8. Evento con carácter solidario e inclusivo: 3 puntos.

7. Mesa de avaliación: estará composta por:

Presidente, o xefe de Departamento de Deportes, David Mateo Quintana (Suplente, o xefe de Servizo de Deportes e Xuventude, José María Pérez Ferrol) Secretario, a técnica auxiliar de Actividades Deportivas, Rosa M. Regúlez Blázquez (Suplente, a xefa de Unidade de Xestión Administrativa de Deportes, Socorro Martínez Naveira) • Vocais: o director do Polideportivo Muinicipal do Barrio das Flores, Antonio Pedraz Pollo • O director da CD da Torre, Luis Arias Barbeito • A técnica superior de Actividades e Dinamización, Carmen Tapia Porto (Será suplente ante a ausencia de calquera dos vogais, o director da CD de Riazor, José Manuel Rivas Casal).

8. Todas as actividades que se propoñan na presente convocatoria non estarán suxeitas a ningún tipo de dereito de exclusividade e a súa inclusión no Programa Municipal suporá unha cesión da titularidade do dito evento a favor do Concello para que este a organice, e só limitado ao exercicio 2017, sen que iso supoña ningún outro compromiso plurianual municipal. Así mesmo e na liña co anterior, todos os ingresos que poida xerar a actividade por calquera concepto deberá percibilos o Concello ou o contratista que este designe, a conta do prezo do contrato que se lle adxudique.

9. Logo de finalizar o prazo de publicación das propostas seleccionadas, ditarase unha resolución definitiva que aprobará o dito programa municipal e que resolverá, se for o caso, as alegacións que se presentasen no trámite anteriormente dito de información pública.

10. O programa municipal de eventos deportivos 2017 poderá ser incrementado con novos eventos en calquera momento do exercicio, sempre e cando haxa crédito orzamentario suficiente e axeitado para abordar o gasto. A modificación pode ser de oficio ou por instancia de calquera entidade. Neste último caso deberá solicitalo nos mesmos termos que establece a presente convocatoria e cunha antelación suficiente que permita a súa inclusión no programa municipal de eventos e a súa posterior organización con cargo no Concello. Xa que este tipo de solicitudes teñen unha natureza xurídica de peticións, a non notificación dunha resolución expresa no prazo de 1 MES que contará desde que se presente, deberá entenderse, para os efectos legais oportunos, que se produciu un acto presunto desestimatorio.

Documentos:

Convocatoria 'Activa o deporte' (PDF)

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?